O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

Quarta-feira, Julho 27, 2011

PINTO ELIXE TELE-VARAL PARA LANZAR AS SÚAS PRIMEIRAS VERBAS DE RESISTENCIA COMO ZOQUEIRO NACIONAL!!

Verbas a lume de carozo do recén coroado polos pés novo Zoqueiro Nacional, Pinto, o referencial palanador da Faisca non entende o noso desporto nacional sen o espectáculo polo que venceu e convenceu cunha actuación antolóxica na finalísima a tres fonte a Joam e a Carme . Pinto ao ritmo do único grupo que Conde Roa non puido ilegalizar , o electróxeno que alumeou a pista do Burgo das Nacions , amosou a faciana e as verbas da Resistencia Billardeira que niste día da Patria ergeu máis alto ca nunca os paláns , o Zoqueiro Nacional despide a conexion con Tele-VaRAL facendo referencia á boa climatoloxía reinante en Compostela para afrontar o agardadísimo desafío BÉlit fronte ós irmáns de Casus Bélit . E foi iso o único elemento que os de Sants non nomearon no seu espectacular análise do histórico partido que vía nacer á sección belit da LNB, a Gentalha Patriótica liderada por Marta e Pinto colleron por sorpresa ós Casus e cunha defensa de luxo liderada polo campión olimpico Xosé Miguel que lazaba patadas defensivas como se a un almera gris se tratara fixo posíbel que a sorpresa invadira a pista do Burgo cun marcador favorábel á Gentalha Patriótica por 210 palas- Menos mal que os irmáns de Casus Bélit non fixeron a proba de dóping xa que moitos dos palanadores galegos botaban Nandrolona e Epo polo ollos , sen dúbida o mellor do resultado foi a sensación por unha e outra parte que isto necesita unha revancha en terras cataláns para aclarar as cousas e porque non , o 11-S , día da Diada en Catalunya pode ser unha boa data para que a Gentalha reafirme o seu poderío no universo Bélit.....

4 Comments:

  • At 9:45 AM, Anonymous Anônimo said…

    A Diada é o 11-S, non o 11-M

     
  • At 1:47 PM, Anonymous O accidente said…

    Preme encima de "O accidente" para velo resultado do sinistro.

     
  • At 1:53 PM, Anonymous Anônimo said…

    No próximo aberto estaría ver poñer un peto solidario para pagarlle o arreglo a Otero

     
  • At 6:02 PM, Anonymous Anônimo said…

    O 11-M é o día mundial da zorza en madrid... coa de trozos que quedaron, ben podían convidar a unha tapa!

     

Postar um comentário

<< Home