PINTO DA FAISCA FAISE COA ZOCA DO DÍA DA PATRIA E ADICA O TRIUNFO A TOD@S OS QUE DESAFIARON A ILEGALIZACIÓN!!
Nen o ataque frontal dun alcalde galegófogo puido impedir que de novo o día da Patria se tinxira coa bandeira tricor da Galiza, o branco, azul e vermello voutou brilar nos ollos alumeantes dos milleiros de manifestantes que saíron á rúa para festexar de novo en plenitude absoluta o día nacional , e nista ocasión a presenza da tribo LNB e dos seus paláns era màis necesarios ca nunca porque un pobo armado como se sabe é un pobo respeitado. Nas mans os paláns e nos pés as zocas , isa foi a máxima no alebrestrado estreo billardeiro no espazo que os irmáns de Causa Galiza elexiron para esquivar a ilegalizade ilegalmente imposta dende o concello, o Burgo das nacións de Compostela acolleu sen dúbida o màis numeroso e animado de todos cantos Abertos do día da Patria se teñen desputado e nista ocasión cuns convidados de luxo que forón os irmàns da equipa dos Paisos Cataláns Casus Bélit.
Coa cámara aínda resentida dos estalos do Escumoso Bieiteiro do pasado Aberto do festival da Chaira captouse ista nova e xa histórica imaxe do podium que acuparon despois dunha espectacular sesión de carreiras únicas. Palanadores de franquicias do Norte , tanto Carmen das Troitas Bravas da Pontenova coma Joam de Madia-Leva non puideron frear o espectáculo e acerto que dende o primeiro golpexo Pinto o palanador da Faisca , coñecido xa coma o José Tomás da billarda , despregou na pista ateigada de siareir@s para conseguír a xa mítica Zoca do Aberto do día da Patria e saíndo ademàis pola porta grande do Burgo con dúas orellas e un rabo de algún palanador aínda sen identicar.
Atención porque todos estamos atentos ó espectacular análise que os irnmáns de Casus Bélit faigan despois da explosiva sesión continua de Bélit realizada como exquisita guinda a un brutal aberto do día da Patria que selou a firme alinaza entre dous pobos e dúas revolucións que fixeron que das nosa gorxas saíran unidos os berros de bélit, billarda e independencia....todo isto como non podía ser doutro xeito bañado con Escumoso Bieiteiro o espectacular Cava galego que inicia a súa imparábel andaina internacional cara ós Paisos Cataláns da man da LNB , un chimpo que servirá para coller impulso e preparar a súa definitiva imparábel implantación nacional.....JOGAR À BILHARDA NOM É DELITO, JUGAR AL BÈLIT NO ÉS CAP DELITE!!
19 Comments:
At 9:10 AM, Anônimo said…
Galiza gañou aos Països Cataláns pese a presencia do Ortega Cano da billarda no combinado nacional.
At 9:12 AM, R. Otero said…
Que ben é isto de ter un coche descapotable, foi sempre a miña ilusión. Baixar pola autoestrada sentido o aire fresco na miña cara está xenial.
At 9:13 AM, Anônimo said…
Otero saíu vivo de Compostela, o seu coche non.
At 9:29 AM, Anônimo said…
Maestro....u-lo Carlos Parra da Billarda???
At 9:49 AM, Anônimo said…
Moito Ortega na billarda. Ortega Cano, Ortega Lara.
At 9:50 AM, Anônimo said…
púxose de moda o tunning na billarda? O coche de Otero quedou bastante bonito
At 9:55 AM, Pinto said…
Cando vaiamos a xogar a Catalunya comprarlle billete so de ida o xosé Miguel e o Dume, e que queden alí.
At 9:57 AM, Anônimo said…
Alguen viu ao Mitch Bucanan da billarda (Suso Diz) no aberto da Patria?
At 12:24 PM, Talleres Muiños said…
Con xente como Otero os talleres de Mos non notamos a crise
At 1:11 PM, Carla said…
Otero, de verdade coñeces a todos os meus profesores de 4º da ESO? Espero que esa noite pasada contigo me axude a aprobar.
At 1:11 PM, Carla said…
Otero, de verdade coñeces a todos os meus profesores de 4º da ESO? Espero que esa noite pasada contigo me axude a aprobar.
At 1:17 PM, Anônimo said…
.....probar xa a probache!!
At 5:54 PM, Anônimo said…
Puta! Probastes la miel y ya no te sabe el azucar.
At 6:31 PM, José Ramón de la Morena. said…
Pinto arrasou no Bélit e case consegue o premio de MVP do partido.
Galiza arrasou a Catalunya.... ¿seremos os próximos campións mundiais de Bélit?
¿A comparativa de Pinto con José Tomás é polo paquete que mostra o coñecido palanador da Faísca?
¿É certo que él non vai ós torneos para xogar á bilharda se non para dar espectáculo?
¿Qué se sabe desa rapaciña que o acompañaba en compostela, é a nova sofía? ¿ Pinto está solteiro?
Sofía, qué Sofía....Sofía un pajote!!
At 7:35 PM, Policía Local de Compostela said…
Estamos tratando de contactar con Xose Miguel Perez Blecua pero semella que ainda está en estado de étilica inconsciencia.
Por favor faganlle saber a X.Miguel, creo que vostedes o coñecen coma Home-porco, que por favor veña por comisaría a explicar que facía o 24 en calzoncillos pateando un nissan almera gris.
At 7:44 PM, Colombo said…
Efectivamente as marcas no coche coinciden exactamente coas pezuñas de x. Miguel.
At 8:02 PM, Dume said…
Hai que ser un pouquiño mais serios!
At 3:36 PM, xerman said…
xose miguel,tenha muito coidado que vai quedar espido por compostela adiante
At 4:36 AM, Unknown said…
qzz0517
ugg outlet
michael kors outlet
cavaliers jerseys
air max 90
cleveland cavaliers jersey
ray ban sunglasses
air jordan 12
burberry outlet
longchamp pliage
ugg outlet
Postar um comentário
<< Home