O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 18, 2011

A PASTORICENSE, PRIMEIRO CLUBE DO FUTBOL GALEGO E DO MUNDO CON SECCIÓN OFICIAL DE BILLARDA!!


Anunciabámolo uns dáis antes da treboada billardeira invadira o Festival da Chaira , a A Pastoricense dá o brutal paso adiante para formalizar unha sección dentro do clube adica ó despoto nacional da billarda, un pulso entre a vida e a enerxía na que os futbo-palanadores teñen todo o absoluto mérico ó sertirse afgora si realizados plenamente coma deportista. Mais non é A Pastoricense a única explendorosa mazá na que o verme homicida da LNB inudou de cheo , a oficalización a pé de pista do SPARTAK DE MUIMENTA foi dos intres que sentarán época, entorno ó colectivo Akelarre disa vila as billardas escupirán sapos e cobras embravecidos que faran tremar ás grades franquicias da LNB. O movemento de tropas na Pontenova é un feito que se constatou na anagada pista do festival da chaira donde os seus paladores e palanadoras golpexaban coa destreza das troitas bravas , mais foi alí tamén cando baixo a chuvia outro fronte se abríu, atención porque CASTROVERDE move ficha co Comandante Seixas á fronte para formalizar unha equipa estábel na vangarda da LNB .


Un Aberto pasado por auga que fixo que na LNB se pense seriamente na posibilidade de realizar obritoriamente os partidos baixo chuvia , Xosé Miguel e Rubén Otero precisamente ista find estiveron facendo as xestions cos deises da chuvia galaicos e ó palanador dos Lideiras puidose ver semiespido nun esceario no que tocaba a Troba kun Fu realizar ista extraordinaria danza , será por auga pensarían arriba e no seu luga ros deuses enviaron o extraordianrio ESCUMOSO BIEITEIRO , o espectacular cava galaico , que tivo o seu primeiro contacto coa serpe veleosa da LNB queda xa unido para sempre a nós , unha brevaxe única que será o selo perpetúo coa revolución Bélit que percorre os irmáns Paisos Catalans e que poderemos compartir o vindeiro 25 no novo emprazamento do Aberto do día da Patria no parque Fermin Bouza Brei de Compostela donde a referencial equipa CASUS BELIT estará realizando a súa pretempada coordinado un Torneo Belit contra os combinados galegos que alí se formen , unhas botellas de exlusivo ESCUMOSO BILLARDEIRO serán o espectacular premio para a equipa campioa do Torneo Bélit , unha acción co intercambio de cava e billardas entre dous paises e revolucións irmáns...



Será pois unha invasión máis de bandeiras , bélits e billardas en Compostela do día da Patria que antes terá unha nova parada no Salnés xa que hai nova parada do gran comboio da LNB , será o vindeiro sábado 23 apatires das 18 h en Dorrón donde Ginés , o gran palanador dos Remoule Bulls poderá realizar o primeiro dóbel consecutivo . Espadas e tixeiras de esquilar en alto xa que noutro punto e noutro universo chamado Nogueira de Muñiz, o concello menos poboadoda Galiza ferve ante a inminente posibilidade que acoller o primeiro gran Aberto de Billarda no marco da súa feira de artesanía no que Extensión Agraria prepara unha brutal perfomance sonora en colaboración cun esqulador de ovellas local , a referencia é Carlos Santana durante a súa actuación en Woodstock....a billarda e hipies por fin unidos nunha mesma pista , nunha mesma loita!!!