O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 03, 2011

O PODEROSO UNIVERSO LNB ISTA NOITE DE DOMINGO ÁS 22 H. NO PROGRAMA ACTUALIZAD@S DA GALEGA!!


Sen dúbida pode que se che abran as gañas de vomitar se che decimos que sintonices a galega, é comprensíbel, algún palanador ista find non puido conter o impulso e botou o inxerdo ó coñecer a nova que iste domingo apartires das 22 h. temos que sintonizar coa canle da galega para ver o programa de reportaxes chamado actualizad@s que ista noite realizará unha emisión centrada nos desportos tradicionais galegos donde a LNB terá un especial protagonismo.


Se botamos a ollada para atrás podemos recordar que na edición 2010 do Play off Nacional de Conxo se realizou unha gran reportaxe centrada no univwerso billardeiro cun guía de auténtico luxo xa que Toño dos Furabolos foi o sherpa da equipa de rodaxe na xungla de terra batida do estonópolis Compostelán. E se pola noite xunguiremos as pupilas ás pantallas da galega para ver como nos ven para facer boca pola tarde podedes escupir no céspede londinense de Wimblendon sintinizando co frontón Bizkaia de Bilbo donde Yves Xala e Aimar Olaizola se xogan a txapela máis importante de toda a tempada , o equivelente no desporto irmán da pelota basca a converterse en Coroceiro Nacional...billarda askatu!!