O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, julho 20, 2011

O 25-X MARCHA BÉLICA SOBRE COMPOSTELA, INVADIREMOS DE BILLARDAS , BELITS , ZOCAS E ESCUMOSO BIEITEIRO CADA RECUNCHO DA CIDADE-ESTADO!!


Todo en marcha e para un novo 25 de Xullo inundar Compostela de Bandeiras , billardas, zocas , escumoso bieiteiro e nista edición tamén bélits dos irmáns da equipa dos Paisos Cataláns Casus Bélit que van estar participando no Aberto zoqureiro do día da Patria mais tamén coordinarán o primeiro partido de Bélit na Galiza no que tomaremos contacto con ista normativa para que a Auténtica poida nun futuro enfrontar en plenitude a enganchada internacional galaico-catalá.
-------------------------------------------------------------------------------
Atención porque nista edición o Aberto zoqueiro do día da Patria tranládase de Belvís ó Parque compostalá de Fermín Bouza Brei donde se celebrarán a festa-romaría de Causa Galiza marco no cal apartires das 17 h. arrincará o Aberto de Billarda. A LNB xunto cos irmáns de Siareir@s Galeg@s coordina ista canfurnada que despois do Aberto terá a súa continuación con Chave e Brilé . Podemos anuciar tamén nosta edición do Aberto zoqueiro do día da Patria estarán por primeira vez nunha mesma pista o Coroceiro Nacional Iván Puente e o Campión Olímpico de Billarda Xosé Miguel Blecua , só resta saber se estará presente o actual zoquer Xosé Rodiño para conseguir coa segunda Zoca o gran premio Randeeira.


A billarda non para....é un dos espectaculares berros que aparecen no gran artigo aparecido no xornal dixital da mariña de lugo que deixa entrever os entresixos dun lume que se espalla imparábel pola chaira luguesa , e atención porque o suplemento Chairego de El Progreso prepara un especial billarda na Chaira que se publicará o vindeiro martes 26 , antes moita furia necesaria coa a que se vai destilar no Aberto de Dorrón o sábado apartires das 18 h no universo Salnés. Mais non todo queda ahí nen moito menos , os irmáns de Aguilhoar de Xinzo xa están traballando a reo para a celebración dunha nova edición do Festival de mocidade, marco no cal se realizará unha explosiva olimpiada inter-pobos donde a Billarda terá un gran peso específico , afía as billardas mentras te mergullas no seu web-blog para coñecer as bases de participación da túa equipa, e tampouco o comboio da LNB para ahí xa que podemos anunciar que na pretempada do Norleste despois dun ano de parón haberá de novo a finais de Agosto o gran Aberto das Troias da Pontenova nas míticas terras de Santalla...billarda sempre, adiante co Varal!!