O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 12, 2011

MANZANEDA, CHEGA O PRIMEIRO CRÓNICO BORRUGA>> NUNCA ANTES ME MANDARAN Á MERDA E FUN TAN CONTENTO!!

Fai unhs décadas Manzanera era o espazo elexido por equipas coma o Madrid para realizar a a súa pretempada , lonxe disa parafernalia asasina pasada e actual do futbol millonario e colonial sitúanse os palanadores e palanadoras que ista pasada fin de semana quixeron sumarse ó explosivo I Aberto de Billarda nista cuchufella vila ourensá que voltou a situarse coa epicentro mundial pero dista vez do desporto anti-colonial . Espectacial mención á presenza do comandande Xose Miguel que é quen nos envía iste espectacular docu-crónico e quen forxou a alianza co palanador Lito artífice daquela gran verdade do horario galego diferente ao español e que en Manzaneda se xunguíu para sempre á serpe multicor...nunca antes as verbas cordura e LNB foran unidas nun crónico , unta a cara coa merda de vaca que utilizan os xogadores da modalidade de bolos coñecida coma borruga e sumérxete niste histórico estalo>>

O sábado 9 de xullo tivo lugar o segundo aberto oficial da LNB no Concello de Manzaneda e o primeiro no núcleo úrbano. O Aberto estaba convocado para as 19:30, pero a presenza de Lito, persoa que propuxo oficialmente o cambio da hora galega ao fuso horario portugués fixo que o Aberto retrasase o seu comezo unha hora para comezar coa “verdadeira hora galega”.

Dende as 16:00 varios rapaces comezaron os adestramentos de cara ao aberto. Debido a represión española foi imposible levar varais oficiais da LNB para organizalo aberto que foron sustituídos por botellíns de estrela galiza. O aberto contou coa participación de 30 palanadores.

Moitas queixas pola normativa de xogo, xa que entre os participantes había xente de Allariz, Manzaneda, San Xoán de Río, Ourense, Melide, etc, e debido a que xa se teñen rexistrados 19 modalidades de xogo da billarda so na provincia de Ourense polo mestre Lito cada un quería xogar coas súas normas. A cordura fixo que se disputase o aberto coa normativa da LNB.

Nos grupos a xente que xa disputará varios abertos da LNB foi tomando o liderato dos grupos. Contrastados billardeiros coma Rubén de Soutipedre, Cristián de Chaveán, Suma de Ourense e Alvaro Domínguez de Allariz lograron clasificarse para as finais. Mentres Lito explicaba que no Kurdistán se xogaba a billarda, Rubén e Álvaro clasificaronse para a final.


O palanador de Soutipedre, subcampión do Aberto do día da Patria de fai 2 anos fixo valer a súa experiencia e gañou nunha igualada final a Álvaro Domínguez.

Por outra banda dispotouse un campionato de bolos coa normativa de Borruga. Para elo é necesario apoiar os bolos en merda de vaca. Como dixo o rapaz que organizaba: Nunca me mandaran a merda e fun tan contento!!

3 Comments:

  • At 8:38 PM, Anonymous Anônimo said…

    A ver se publicas algo sobre o aberto da Lanzada.....

     
  • At 11:59 PM, Anonymous Anônimo said…

    Non fales así da irmá de Rubén Otero.

     
  • At 12:28 AM, Anonymous Anônimo said…

    nin da cocha de Flores!!

     

Postar um comentário

<< Home