O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 26, 2011

Crónico Bélit: ¨A GENTALHA PATRÍOTICA¨ DÁ A GRAN SORPRESA NO HISTÓRICO DESAFÍO BÉLIT FRONTE ÓS POTENTES CASUS BÉLIT!!


Nistes intres palanadores da recén estreada franquicia LNB Spartak de Muimenta están camiño de Mongolia para a desputa dun Rally solidario montados nunha poderosa furgoneta da escudería Madia-Leva que foi unicamenta probada no transito Muimenta-Vilalba . No Burgo das Nacións no día da Patria e ca compaña dos irmáns de Casus Bélit un outro desafío internacional fíxose realidade , a pé de pista naceu A Gentalha Patriótica , o combinado galego avanzadilla da Auténtica , afrontaba o reto brutal da inmersión bélit fronte ós todo-poderosos Casus Bélit de Sants que pese a estar na Galiza sen a súa gran estrela Pakistaní afrontaban o reto cun potentísimo equipo_ e coma mostra o explosivo crónico dun Rubén Otero que con isto e un viscoito chegou á casa case ás oito, desfrutade das imborrábeis pegadas dunha tarde histórica:

Crónico Bélit: A equipa galega da Gentalha Patriótica venceu ao combinado catalán do bélit por unha vantaxe total de 210 palas. Despois do brutal Aberto da Patria , Pinto , o recén coroado Zoqueiro Nacional capitaneou á Galiza no seu enfrontamento contra os compañeiros chegados de Catalunya para celebrar con nós o día da Patria. Pola Gentalha Patriótica xogaron ademáis de Pinto os finalistas do aberto de billarda Joam e Carme , Luis e Ana de Bateas , Otero , Xosé Miguel , Sak e as grandes revelacións da xornada , Calcio, Regueiro , Mari e a nomeada indiscutíbel MVP do Torneo a luguesa Marta que no intre máis crítico do partido foi quen de chapar e anular un lanzamento do combinado catalán que poría aos noso contra as cordas...

A Gentalha Patriótica da Gz comezou moi forte en ataque o partido e por dúas veces consecutivas sumou as 100 varas máximas que permitía a pista do Burgo e que os situaba con vantaxe no marcador , pero donde atopou o seu gran punto forte foi na defensa. O noso combinado soubo cerrar todos os espazos na pista e os golpes dos belitistas cataláns ou ben
caían en mans galegas ou eran rexitados con contundentes patadas defensivas que os facían recuar.


Ista defensa Irmandiña subíu moitos enteiros a motivación do equipo que aumentaría a vantaxe na segunda rolda de ataque, e os fixo infranqueables na última quenda defensiva consumándose así a sorpresa no marcador final. O resultado máis aló do marcador final foi unha tarde entrañable de diversión e festa compartida cos amigos de Casus Bélit , debutantes na LNB e que agardan que unha delegación galega poida estar o vindeiro once de setembro na Diada para afrontar a revancha... grácies companys!

2 Comments:

  • At 3:47 PM, Anonymous Anônimo said…

    A estrella paquistaní de Casus Bélit non será Bin Laden? Sendo o aberto o 11-S hai que ter coidado

     
  • At 3:49 PM, Anonymous Anônimo said…

    Nada nen naide poderá xa coa nosa táctica Bob Esponxa!!

     

Postar um comentário

<< Home