O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, julho 23, 2011

25 DE XULLO NO BURGO , RESPOSTA Á ILEGALIZACIÓN CO TEU PALÁN!!


A istas horas da tarde do sábado os irmáns de Causa Galiza comunícannos que a Romaría do día da Patria se vai desenrolar no Burgo das Nacións, mítico espazo para moitos palanadores e palanadoras de noites e solpores máxicos e lisérxicos, mais a LNB xa ultima os preparativos para a realización diste anti-represivo Aberto do día da Patria e o Torneo Bélit co Burgo para coas nosas billarda e bélits berrar contra a inxuria e a provocación institucional...atentos ás pantallas e afiade as billardas para o luns respostar á ilegalización cos nosos paláns porque sen dúbida para a LNB isto é un Casus Bélit!! / 627.780891



Contra vento e marea a LNB a toda mecha xa que ante a imposibilidade de saír as embarcacións tradicionais no Seixo durante os actos de celebración do día da Patria organizados polos irmáns de Almuinha de Marin despois do xantar de irmandade comunícannos que se argalla un espectacular e multitudinario Aberto de Billarda anti-marexada e anti-ilegalización que deu o estalo de arrinque a un sábado no que dende as 18 h. en Dorrón ( SanXenxo ) estará a tribo pateiro realizando o primeiro aberto nista vila do Sul que serve ademàis para aferruar con estelas e leña LNB o lume contra o turismo depredador e colonial que nista época invade o Salnés, ardentía que se espallará ate a Capital da Galiza iste luns día da Patria..Billarda sempre , adiante co Varal!! / 676.632552