O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 20, 2011

VARADOS NO SONAR GALIZA : TIRA PA TRAS..... OU NON VES A VARA??


Para reviver e desfrutar do post partido analizando as mellores xogadas da espectacular nova edición do SONAR GZ , imprescindíbel ouvir á xa histórico primeiro asalto contruido case sen durmir despois de dous días cos ollos coma pratos e a pel de galiña de todo unha fantástica equipa de profisionais vestindo a camista de Radio Oceánica . Sak soltou iste domingo o primeiro dos estalos con análise e entrevistas e directos exclusivos dos artistas que acudiron iste pasado find á cidade da Coruña e o vindeiro domingo as 22 h. terás a segunda parte centrada na segunda e multitudinaria xornada do Sonar donde mentras Munchi rachaba os pratos no Sonar Club nos baños se puido ouvir a impreinate frase dun pandilla de soners galaicos: tira pa tras...ou non ves a vara??

Un festival de música avanzada cun aspecto visual impresionate , MIA , a activista de Sri Lanca da étnia Tamil deixounos cun pouso do que puidera pasar e aínda non pasou se houbera na galiza un grupo que recollera o testigo deixado polo Resentidos , son entolecido e delírios bélicos na montaxe Bollybudense , tacóns destrozando computadores coas pantallas ensanguentadas polos tiros das metralletas ó público cuxas balas elan lanzadas por unha batería fóra de serie creando o contexto ideal para a presenza do Coroceiro Nacional encabezando a delegación de rapaces co que finalizou o concerto invadindo o esceario-


Buraka Som Sistema , Mia , HHY and the Macumbas e os Sudafricáns de Die Antwoord aportaron o aspecto máis étnico do festival donde non se pode pasar por alto a fantástica e xa mítica sesión do indíxena Lugués Doutor Think movéndose coma peixe na auga no espectacular esceario Sonar Hall na súa faceta Mr. Fishman , pese a coincidir con MIA o doutor soubo conquistar a propios e estranos e "petar" de cabo a rabo a sala cuns sons inquedos, pretos , intrépidos e irresistíbeis misturados cunha actitude demoledora , enfundado nun disfraz de peixe , desfrutando como o que màis e incluso arrebolando discos ó público ...ó igual que o ano pasado Fluzo se consolidou internacionalmente no Sonar galaico iste vez o Doutor Think fixo o propio para que os que alí estivemos nos sentíramos orgullosos que que aquel rapaz fora un dos nosos , ogallá que os xefazos do Sonar conten con iste peixe para a próxima cita do Sonar que será a finais diste ano no seu estreo latinoamericán na cidade brasileira de Sao Paulo.


Aspectos alleos mais complementario ó eido musical foi por exemplo permitir fumar no recinto do Expocoruña donde se realizaba o festival e chama poderosamente a atención tamén o enganche dos soners ó fluxo das redes sociais xa que os aparellos non deixaba de chispear menos mal que a iso das 5:30 da madrugada se puido ver unha rapaza saír en padiola, unha ledicia inmensa saber que a xente aínda lle pon interes e chispa para centrarse no realmente importante cando vai a un festival que é encherse...é por iso que situados ó carón da mesa de son dos australianos Cut Copy que unanimemente facturaron posibelmente o mellor concerto de todo o festival procedemos a lanzar a mensaxe para que as equipas que desexen participar na loita do año mouro da LNB na nova edición do Torneo Interparroquial o faigan a ser posibel con fecha límite iste mates , dende Asturies a tribu Liriu xa moven ficha co comandante Hevia coma punta de lanza da expedición astur que ademáis está ultimando a preparación para o vinceiro 2 de Xullo do xa mítico Abiertu del Pitu Caleya en Piarnu donde tamén haberá presenza galaica disposta a asaltar de novo o galineiro dos veciños...tira pa tras ou non ves a vara??