O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 26, 2011

RIBILLEIROS ACADAN O SEGUNDO AÑO CONSECUTIVO NO INTERPARROQUIAL DA DEVESA_11!!


O entolecido dibulio de bágoas que invadíu o estadio Monumental do River Plate ao constatar iste domingo o seu histórico descenso á segunda Arxentina e non poder acadar o tan desexado ascenso a ista categoría polo CD Lugo , pode ser o único referente emocional comparábel á desputa dun novo e explosivo Super-6 interparroquial que fixo arder os nosos peitos cabritinh@s!!


Acompañou o tempo e o espazo . un sol de xustixa e unha pista inmellorábel ista de Devesa na que a serpe multicor se arrolaba por primeira vez e que de seguro voltará a por pé xa que as magníficas instalacións con vestiarios , área recreativa con bancos e mesas para realizar o xantar de irmandade e todo un sen fin de condicionamentos positivos para polo dende xa no noso punto de mira para futuras accións billardeiras


Poderiamos falar longo e tendido de cada instante dende que o alento do año se posicionou sobre as nosas calugas, dúas pistas simultaneas con tres equipas en loita , unha marabilla para os ollos e o seguimento do espectacular xogo , Ribilleiros, Asturies e Riboutros lanzounos a sorte do sorteo do dia anterior na terraza do Bar Navada de Ribadeo para a pista-1 e Barreiros, Vilamar e Remorelle Bulls okuparon as grellas de saída na pista-2.


Ribilleiros por unha banda e Remourelle Bull pola outra accederon á desputa da final do Año_11 , un choque absoluto de titáns, no que os Bulls aguantaron ate o último instante mais os Ribilleiros asestaron o golpe definitivo ás aspitacións dos Bulls de mans do gran palanador italo-galaico Franco na penúltima carreira fronte a Andrés que arriscou cun Varado que por milímetros lle saíu por fóra. Mais se tiveramos que lexir un MVP do Año_11 sen dúbida teriamos que darllo ó gran xogador dos Bulls procedente das terras do Eo-Navia, Muriego , por actitude e acerto sen dúbida consolidouse coma un dos referentes absolutos para toda a tribo LNB e por unha vez a lotaría foi máis que xusta xa que os chourizos de porco celta e a bolsa de pementos de Herbón do sorteo foron parar as mans diste gran palanor dos bulls-


Ribilleiros alonxáronse dende o primeiro intre da guerra psicolóxica entre seleccións parroquiais na que Riboutros e Vilamar dende fai días estaban inmersos, eles declaraban que falarían na pista e abofé que o fixeron, por segundo ano consecutivo proclámanse campións do Año e o peor de todo.. que xa deixan caer que non hai dous sen tres polo que se preparan xa para un posíbel primeiro Hat Trick añesco!!


Mencion especial á delegación dos irmàns da tribo Liriu que un ano máis se achegaron á desputa do año , O comandante Hevia ,Juan , Arturo e o caranguexo-machetador no que se transformou a vermella faciana de Sergio fixeron unha vez máis un gran papel na pista consolidando a acción de vasos comunicantes Liriu-Billarda que terá a súa continuación no Abiertu do Pitu Caleya diste vindeiro sábado en Piarnu no que haberá representación galaica e do que iremos informando durante ista semana.


Sen dúbida os grandes derrotados dista edición e os culler de pau honorífica foi a selección de Vilamar-Extension Agraria, o gran desplegue mediático non puido ter reflexo no xogo na pista que quedou a miles de léguas daquel dream-team de Vilamar liderado polo gran Victor dos míticos Tronos do Masma que guiara a conquista do año naquel hitórico parroquial desputado en Celeiro de Mariñaos. Surxen moitas dúbidas agora sobre os efectos dista derrota en Vilamar , de prometer ós patrocinadores Bar Nevada de Ribadeo ceibar o año no bar para celebrar a victoria a chegar coas mans e os petos baleiros , de monento despois do partido xa puidemos ver á súa plantilla exercitandose no ximnasio da terceira idade ó caron da pista de xogo....xuvilación ou barbárie !!

1 Comments:

Postar um comentário

<< Home