O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 19, 2011

PERNAS PARRIBA, PERNAS PABAIXO....


Impresionantes sacudidas son as que minuto a minuto e segundo a segundo golpexan o alebrestrado e indomábel mundo da billarda, tal é a cousa que ás brutais accións anunciadas da find temos que sumar unha das posíbeis fichaxes nista época xa de talonarios riba da mesa que conmocionará incluso ó imperio do sol nacente xa que segundo puidemos saber unha grande estrela da nosa Liga , o palanador Viana da Faisca está en conversas coa equipa de billarda da central de Fukushima para a vindeira tempada xa militar na potente liga Nipona ó carón do coello sen orellas que é a mascota oficial dista potente franquicia xaponesa que vai por patas arriba o status quo do desporti nipón no que Viana competirá en fama , diñeiro e conquistas amorosas cos alotadores de sumo coma o grande Yokozuna Asashōryū . A Faisca demostra pois que ós seus palanadores o país xa lles queda minúsculo, despois de Xosé Migual enfortándose á xendarmería Maroquí para realizar o referencial aberto do cous cous , agora Viana prepará a súa aventura no tatami Nión...cal será o próximo en desafiar as liñas continuas??

E se falamos de desafíos temos que falar do gran Coroceiro Nacional Iván Puente que está disposto a defender e pasear orgulloso o seu título acadado en Conxo en cantos Abertos se desputen tamén en época de verán, estivo no multitudinario Aberto do Festifok de Mugardos mais alí so puido acariñas unha final que desputaron Manel e o xovencísimo Fran que foi quen conquistou a gloria de vencer no festival que bautiza a patrocina a súa poderosa franquicia, se Iván Puente amosou o poder dos sub-13 converténdose en Coroceiro nacionao de Fran xa roza o escándalo cos sub-10 amosando un nivel impresionante.

Iso foi o sábado , o domingo o Coroceiro Nacional e a súa equipa bateas tiraron cara o Aberto do Folk en Río na Conf. Centro e alí desquitáronse nun aberto de novo multitudinario e animadísimo e con presenza de moitos frontes coma a dos amezantes Remourelle Bulls Ginés e Andrés que perparan o asalto ó año mouro para iste vindeiro domingo na Devesa competindo ó máis alto nivel coa tribo estornela que tamén ultima a presenza niste referencial torneo por equipas. Ginés ocupou terceira praza , con Cristian de segundo e co Coroceiro Nacional Iván Puente vencendo e convencendo de novo, a iste paso o Coroceiro Nacionao independizará Galiza...moito màis de dúas veces!!

1 Comments:

  • At 12:59 PM, Anonymous Pinto said…

    Viana vai apagar a central de fukushima coa súa poderosa mangueira.


    Este vai traer 7 ou 8 geishas á Faísca... xa veredes! O mamba negra non vai ser nada comparado co Clube Faísca.

     

Postar um comentário

<< Home