O ESPANTALLO DE CONXO FIXO POSÍBEL O MILAGRE DA ESPECTACULAR COLLEITA BILLARDEIRA TAN SÓ UNS DÍAS DESPOIS DO PLAY OFF NACIONAL!!
É moi posíbel que ante a intensidade e a fereza coa que os palanadores e palandoras entraron e saíron do Estornópolis de Conxo non repararan na espectacular figura do espanatallo en funda que facía que pegas, corvos e merlos o pensaran dúas veces antes de pousarse na leira. Pode ser pois que isto influira para que a semente de intensidades e emocións billardeiras sementadas en Conxo tan só unha semana despois broten os froitos fortísimos da leira estercada pola paixón e o Millo Corvo. A boi bravo , rego largo...isa é a máxima coa que a LNB xungue o seu arado de vertedeira porque ista find imos sementar a eito:
Sábado 4:
-ABERTO DE FLORES
Non é un chiste nen moito menos , o gran seleccionador nacional realizará iste gran test aberto a tódolos palanadores e palanadoras para conformar os próximos embites da Auténtica , a cita será en San Miguel ( Barreiros ) 16: 30h / xantar de irmandade no Restaurante Último Cuple . Contacto e reservas >> 605.316896
-ABERTO DO POTE EN MANIÑOS ( NA BEZOUQUEIRA)
O espazo xa coñecido polos afeccionados e palanadores localízase na pista da Sociedade O Pote de Maniños. A partir das 17.00 h, logo dunha churrascada antolóxica haberá billas polo aire nas terras bezouqueiras! Contacto>>636.280513
-ABERTO SIAREIR@S GALEG@S NO PARQUE DE BELVÍS ( COMPOSTELA )
No marco das festas populares da capital galaica os siareir@s unha vez máis acompañan os golpexos á pelota co palán no puño e realizan unha nova acción billardeira no campo base no corazón da propia cidade de pedra, a cita apartires das 16:30 H. Contacto>> 651.025249
-I ABERTO DO COUS-COUS ( MARRAKECH- MARROCOS )
Iste sábado por primeira vez na história as billardas da LNB invadiran terra africana e musulmá, coordiando polo referencia palanador da Faisca Xosé Miguel ( Moaña) botará a andar iste primeiro e impredecíbel Aberto galaico-marroquí para apoiar a volta de Ceuta e Melilla ó país que lle corresponde de seu. Se vas andar por isas lares non deixes de unirse á tribo dos perigosos tuaregs da billarda . Contacto>> 627.780891
Domingo 5
-ABERTO DA FILLOA DE MUIMENTA
No marco da feira dos xogos tradicionais XOTRAMU , realizarase a segunda edición diste Aberto apartires das 16:30 h. que terá tamén xantar de irmandade . Reservas e Contacto>> 636.843377
-ABERTO DE BILHARDA ANIVERSARIO NOS-UP
No marco da celebración do X aniversario dista organización soberanista galega NOS-UP realizarase no campus sur da Universidade de Compostela un explosivo Aberto de Billarda...que quere soprar velas se pode arder facendo varados? >> 633.410401
1 Comments:
At 1:45 PM, Anônimo said…
Igual vos interesa...
http://virxedokarma.blogspot.com/2011/06/billarda.html
Un saudo!
Postar um comentário
<< Home