O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, junho 08, 2011

NEXT MUSIC STATION >> O AÑO PRETO DA LNB NA PISTA DA DEVESA ( RIBADEO)!!

E forzosamente polo movemento impredecébel da serpe multicor temos que continuar en clave billardeiro-musulmá xa que ó ver que os compañeiros do referencial programa Alalá se sumerxen no noso xa imprescindíbel espazo Facebook oficial do Varal e no que ti se nos estás...xa estar tardanto en meterte en fariña , pois que mellor que o Alalá como punto de partida para nun futuro meternos nun dos bagóns de xeo e lume pilotado polo comande Muguruza nas ferventes vías de emisora irmán de Al Jazzira.


NEXT MUSIC STATION é o espectacular programa no que ó estilo dun imposible alalá musulmán o león asmático de Irún apresenta ós famentos ollos de oriente e occidente o máis florido e combativo do actual panorama musical dos paises musulmáns, fai un par de semanas escomezou coma a LNB a súa xeira billardeira , en Marrocos , cada sábado pola noite no streaming de Al Jazzira poderedes velo , o video-estalo diste post pertence ó trailer do programa adicado a Iemen. Sen dúbida Muguruza fai xa moitos anos que está inspirando aínda que quizais el non o saiba ,a forza dista revolución imparábel que un día el nos transmitíu dende un esceario da por desgraza desaparecida Sala Nasa de Compostela. Festifolk na Bezouqueira, Folk in Río na Centro ...e moitos máis estalos nista furiosa xeira de Abertos de Verán que o vindeiro DOMINDO 26 DE XUÑO na espectacular pista da Devesa ( Ribadeo ) ten unha parada obrigada para cun espectacular año de por medio, equipas que queiran participar que vaian afiando os coitelos para loitar polo año e póndose en contacto para organizar a grande festa billardeira por equipas na Norleste>> 605.316896