O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, junho 06, 2011

IVAN DOS BATEAS COROCEIRO NACINAL E LOS PRIMOS VENCEDORES DO 7º CAMPIONAT DEL MÓN DE BÉLIT!!


Ate o de agora tiñamos claro que O Coroceiro Nacional independizara a galiza dúas veces, mais despois de ver iste histórico estalo no que Ivan Bateas é in¡vadio pola Coroza da LNB cedida polos irmáns do Restaurante a Gata Meiga de Poio e sabendo que as forzas de represion en forma de comisarios da consellaría de educación no instituto no que milita o machacan sistematicamente pola súa actitude billardeira nas aulas podemos dicer que independiza galiza cada vez que salta á pista e golpexa a pincha co seu palán. Un campións nacional absoluto ademáis que o é aínda moito máis polo nivel impresionate de tódolos seus contrincantes , refregade ben os ollos porque ademáis de desfrutar co lume arrasador de Iván Puente na pista de Conxo poderedes ver por primeira vez na história como se coroa e como fala un Auténtico e xenuino Coroceiro Nacional da LNB...noraboa Iván porque contigo á fronte Coroceir@s Nacionais somos tod@s ate que se demostre o contrario ......ou haxa que pagar por elo!!

LOS PRIMOS CAMPIÓNS DA SÉPTIMA EDICIÓN CO CAMPIONAT DEL MÓN DE BELIT!!


E coa febre e a intensidade do Coroceiro Nacional a competicón irmá da LNB nos paisos cataláns coroa tamén os seus campiós nacionais que son nada mais e nada menos que Los Primos unha franquicia que logrou derrubar a hexemonía que marcaban os Bons e MiniBons e que se enfronta ó desafío brutal de representar ó universo belit nista tan desexada txampions ibérico-billardeira na que Os Bateas terán que utilizar a súa segunda equipación para non confurndirse co azul dos Primos. Despois de seguirmos con intensidade a evolución da franquicia galalico-catalá de Casus Sants só podemos dicer que é un oggullo para toda Galiza que resistiran ate o tramo final da competición ate o último intre metidos na pomada deixando claro que o obxectivo de Casus Belit é a oitava edición do Campionat del Món de Belit para a que xa se moven fichas para incluso reclutar palanadores ou palanadoras galegas da LNB...bélit sempre, adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 9:58 PM, Anonymous Bateas said…

    Non somos 'Os Bateas', somos Bateas. E en todo caso seríamos As Bateas.

     

Postar um comentário

<< Home