O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 05, 2011

DANIEL DOS B.M FAISE COAS FILLOAS DO ABERTO DE MUIMENTA NUNHA FINAL ANTOLÓXICA CONTRA UN BÚFALO INDOMÁBEL CHAMADO MARTINHO!!


Lume na pista de Muimenta e lume na lareira dos irmáns de Xotramu para facer as referenciais filloas con denominación de orixe coa que premiar ós primeiros clasificados niste xa consolidado Aberto na chaira luguesa que dispara o fantástica xeira de Abertos no verrán inmenso que nos agarda. Como se anuciou unha vez máis en tempo real dende a propia pista de xogo unha vez rematado o Aberto cunha participación record chegando case ó medio cento de perticipantes , dende o referencial e buliciero Facebook oficial do Varal no que se aínda non estas sumerxido tes que mergullarte xa, puidose ver que o do Nadal e Federer en París foi unha mixiricada comparado co enfrontamente na final do Aberto da Filloa entre Daniel dos B.M e Martinho dos Remourelle Bulls , triunfo final para o palanador dos Billardeiros pero depois de suar a gota na pista e se unha cousa quedou clara ademáis que de que a LNB xa está na chaira máis asentada ca o marraxo na auga é que os míticos Remourlle Bulls van aproveitar a fondo a pretenpada para facerle fronte ás dúas grandes potancias que polo de agora dominan no Norleste...Noraboa a Daniel e como o grande referente nista nosa República Billarda falou en Conxo e falou ben , para o comandante Manu da Faisca todos os Abertos, ben por decreto ou por aclamación popular debería ter adosado un premio gastronómico, ide afiando os dentes... primeiro o orgullo e despois o bandullo!!