O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, junho 05, 2011

ABERTO DE FLORES, UN ABERTO QUE MARCA ESTILO E ÈPOCA NA LNB!!


O nevuloso das imaxes é sen dúbida producida pola xeada emocional que tinxíu as pupilas de tod@s cantos desfrutaron do tan agardado e desexado I Aberto de Flores, en honor da grande figura do noso seleccionador nacional pódese dicer que foi e é sen dúbida o catalizador e posuidor da batuta para que a gran orquestra da LNB interprete a mellor das sinfonías como aconteceu iste sábaod en San Miguel


Flores xa viña de lonxe preparando iste grande estalo billardeiro , inclusivo na sesión televisiva da LNB xa apresentou nas cámaras da galega a s camisetas coas que agasallou ós participantes.


Guille , o palanador dos Outros conrinúa en racha e non desptoveitou a oportunidade de lucirse fronte os ollos do seleccionador nacional que ademáis de tomar notas no seu caderno técnico cos xa míticos bolígrados do Aberto de Flores tamén asinou billardas , especial mención ó intre de encontro brutal no que Flores depois de fotografiarse con Ivan dos Bateas que retrasou incluso unha kedada cos amigos en Portonovo por estar xunto a Flores e apresentarlle o tñitulo de Campión nacional xa que o seleciconador non puido estar en Conxo como todos sabemos e notamos de falta.


E xunto co Aberto de Flores na bezouqueira celebrávase o Aberto do Pote en Maniños donde Fran unha das grandes sensacións no Play Off Nacional , xovencísimo palanador dos Festifolk arrasou no que foi un previo de luxo para ista grande equipa das terras do Eume que xa prepara oa asalto ó seu propìo Aberto do Festifolk. Máis unha imaxe rachou mitos , se sabemos que a Coroceiro nacional independizou galiza....dúas veces , a terrorífia imaxe do actual posuidor da Coroza xogando a ise desporto minoritario chamado futbol temos que situala nun contexto de apoio ó Aberto que a isa mesma hora se desputada en Belvis coordinado por Siareir@s Galeg@s , simplemente queremos tranquilizar isas voces que teiman en ver no Coroceiro nacional un ser superior , que o é, mais ollalo xogando ó futbol esixen case a retirada da Coroza. Con Ivan e o resto da tribo desfuranto do magnífico ambiente que sitou na canastra anexa ó campo de xogo a redención de mitos do basket galaicos coma o gran Magic Regueiro do CB Meira que xunto con Carme, Martinho, Marcos , Bea e un Xosinho mutado en Bodiroga realizaron un fantástico 3 x 3 ate que a iso das 23 h. tiveron que deixalo por falta de luz , ó caron tamén estaba a gaiola de Padel , espazo que xa ten reservado a grade sonora de Extensión Agraria.....bezóns Flores por ser así e compartilo co resto, Flores sempre, adiante co Varal!!