O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 23, 2011

SINCRONIZANDO OS RELOXOS CARA Ó EXPLOSIVO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO DO "VINDEIRO 29 DE MAIO"!!


[Nachok.net] . DESPOIS DE INTENSAS XESTIÓNS PODEMOS CONFIRMAR QUE O VINDEIRO 29 DE MAIO CELEBRARASE A NOVA EDICIÓN DO PLAY OFF NACIONAL DA LNB NO CAMPO DE FUTBOL DE TERRA DO CONXO. O GRAN TEATRO DOS SOÑOS DAS ANTERIORES EDICIÓNS VOLTARÁ SER INVADIDO POR PALANADORAS E PALANADORES DISPOSTOS A BUSCAr A GLORIA INFINDA QUE SUPÓN FACERSE CO TÍTULO DE CAMPI@N NACIONAL EN CALQUERA DAS CATRO CATEGORÍAS.

Mario , o palanador de Xogos Tradicionais , foi o artífice fundamental un ano máis para que poidamos voltar cuspir nas mans e agarrar os paláns sobre a terra máxica e fértil de Conxo. Adiantamos xa varias cuestións para iste nova e exitante edición do Play Off Nacional

-Habilitaranse 4 pistas para seren utilizadas se así se precisan sumultaneamente.

-Final Absoluta feminina ( as 5 primeiras clasificadas por conferencia )
-Final Nacional por Equipas ( as 2 primeira equipas por conferencia)

-Final Nacional de Varados ( 5 primeir@s clasificad@s por conferencia)
-Final Nacional Absoluta ( 12 primeir@s clasificados por conferencia + os dous primeir@s clasificacos do Aberto da Repesca a celebrarse no contexo das olimpiadas populares galegas o 21 de maio en Ribadavia)

Nota:
ó non haber regulamento específico sobre palanadores ou palanadoras e franquicias competindo de xeito regular en varias conferencias LNB, ó final da competicón regular os implicados elixirán conferencia pola que asistan a Conxo.

-O xantar de irmandade>> será realizado polo formato romaría , é dicer , haberá mesas á disposición pero cada palanador ou palanadora organizando por equipas ou conferencia traerá o seu propio xantar , mais de seguro que os alimentos e bebida que se aporte serán de facil intercambio entre as diferentes merendas , elemento o da solidaridade entre famentos palanadores e palanadoras fundamental en calquera gran festa billardeira como a que se vai desenvolver en Conxo.

A FESTA DA BILLARDA DE CERCEDA.... TAMÉN NO PLAY OFF NACIONAL DE CONXO!!



Con Nachok afinando xa a punteiría do seu fusil de imaxes de asalto e con Nacho do Komando Artístico da LNB con sede en M de Meira traballando nos explosivos logos do asalto sonoro , iste próximo sábado en Cerceda haberá unha moi boa mostra do que é unha Festa da Billarda , con pinchada de música en galego máis a fabulosa presenza do Galeoke para que palanadores , palanadoras e siareiros interpreten os grandes éxitos da nosa música contemporanea. Será sen dúbida unha excelente toma de contacto para transladar isas explosión sonora á gran muiñada de Conxo polo que se tes un grupo e queres tocar , apresentar o teu disco , libro , pintas cadros, fas fotos ou perfomances de calquera tipo a LNB xa sabes agardamos a túa achega para presentar ao vivo no set do LNB Soun Sisten>> ovaral@hotmail.com