RUBÉN OTERO ENTRA NO QUIRÓFANO , A ROLDA DE PRENSA DOS DOUTORES NO GZ EN VARADOS DE HOXE!!
Día de combulsión absoluta en toda a LNB xa que un os seus pilares ingresa iste luns para por fin realizar isa tan agardada operación que o devolva ás pistas de xogo en plenitude absoluta a el e á súa perna que nistes últimos abertos pese a estar danada arrastraba a súa furia doente por tódolos frontes. Toda a mellor das sortes pois para Rubén Otero e sobre todo para o equipo de medicos e veterinarios que o van intervir no día de hoxe, dende o Hospital nos informan que pese á multitude de medios congregados na porta do Hospital non farán declaracións ate a noite na que segundo as ultimas informacións chegadas dende o seus voceiros da Faisca , un parte do estado de saude do gran palanador dos Lideiras será emitido no Galiza en Varados apartires das 22 h. dista noite.
Noite de imaxes e sentimentos extremecedores en todo o universo billardeiro tanto como a tremenda derrota que o Monseñor Xosé Miguel e o seu Monaguinho Pinto lle propinaron ó propio Rubén e Yoyes ista find. no torneo Aberto do Matraquinho no C.S da Faisca que a última hora veu sustituír ó tornero de pingue e pongue, como infuirá para ó post-operatorio que Rubén Otero tivera que arrastrar os seus máis de 190 cm coma unha limacha por debaixo da mesa do matraquinho?? Atentos ás pantallas!!
4 Comments:
At 3:27 PM, AnaEx-Bateas said…
Por un lado, que lle vaia moi ben a Rubén Otero no quirófano e moito ánimo para a recuperación.
Por outro, xa que esta semana pasada se fixo público o cartaz do aberto que a Equipa Bateas organiza o vindeiro 19 de marzo na Adina, no que figuran un premio para o gañador e outro para a gañadora, quería facer un chamamento aos participantes na LNB para reflexionarmos sobre a necesidade dos premios e actitudes sexistas que se están a dar. Dende o meu punto de vista isto vai en contra da divisa que a LNB proclama de que "outro deporte é posível".
Non quero criticar o traballo da Equipa Bateas e doutros membros da LNB que sei que as súas intencións son boas, mais penso que hai outros camiños... só quero invitar á reflexión e ó debate.
Un saúdo dende Euskal Herria!
At 4:19 PM, Anônimo said…
Premio para homes e mulleres e os gays? e os trans? son tamen da sua nai.
At 5:51 PM, Anônimo said…
Sodes escoria. Hai 70 anos cando eu xogaba non había distinción de sexos.
At 1:01 AM, Pinto. said…
Menuda paliza lle demos a otero e a yoyes.... Cómo choraba o Otero!!! e o yoyes non se quedaba atrás, que case bota fora o lacóm con grelos
Postar um comentário
<< Home