RAMAS DA EMERXENTE FRANQUICIA DE SAN MATEO ...DANZA , VENCE E CONVENCE BAIXO A PODEROSA CHUVIA DE CASTROFEITO!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEghHBQBZtnRtDMhrSvXrfU0XzprtCw2lSyGGFSPk2NKR_hunIxz70cR734x2w3EqXmNrzGKu832CyS_qdPTZPOXooe9pbxMfynlgghtXhL3BBqEQo1KYFoc1K_qZi1uDK18VeZQ/s400/lluvia.jpg)
Novo estalo puntuábel na Conferencia Centro, a pista de Castrofeito constituíu un emocionante retorno ó futuro coa tromba de auga que sorprendeu áos valentes palanadores e palanadoras que ate alí se desparazon emulando ó mítico estalo realizado nos inicios da civilización billardeira na conferencia norleste en Fazouro , parroquia txitxarreira do concello de Foz. Toño dos Furabolos , Basilio dos Trouleiros terceiro e segundo respectivamente non puideron facer nada ante o gran tabeirón baixo a chuvia no que se converteu Ramas da emerxente franquicia de San Mateo para facerse co triunfo final niste Aberto que deixa fonda peqada para deixar de temer ós tronos , lóstergos e chuzos de punta...baixo a tormenta Ramas atopou o pulso, somatizou a inercia de tódalas estacións abandoadas e niste intenso e cru inverno billardeiro de ida e volta logrou tinguir de vermello indíxena o check point de Catrofeito...Estornela sempre, adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home