O CAMPIÓN NACIONAL REAFÍRMASE CUNHA MAXISTRAL VICTORIA NO ABERTO DA TARTA DE MONDOÑEDO!!
Markitos, o bicampión nacional dos Billardeiros Musicais , reafirmouse cunha espectacular victoria na vila de Cunqueiro nun dos Abertos máis concurridos e indiscutibelmente máis emotivos e fraternais de todos cantos se levan celebrados no Norleste. Afrontando o tramo final da engranaxe regular Markitos, coma indicutíbel estrela absoluta do universo billardeiro sabe que agora é cando hai que dar o callo para comezar a construir a súa posibel reválida de título nacional. Tras del o seu compañeiro de franqueicia Hugo que continúa a xeira de Markitos e coma terceiro de no pódium colocouse o militante dos nómades Bateas, Xan Rodiño. Mais temos que destacar o compromiso total das franquicias chairegas, Tropa Lixeira de Meira , Madia Leva de Lugo e O Cadaval de Castro de Rei todos con moi importantísma e combativa representación na pista que xunto co retorno de míticos palanadores coma Servando e Ana , Xulio e Bruno fixeron diste Aberto da tarta de Mondoñedo un dos máis numerosos en cantidade e calidade, todo e o condensado na caixa da tarta de mondoñedo patrocinada polo irmán Txomin palanador e bukaneiro mindiniense da futura franquicia local con sede na Taberna do Valeco, il mondo, il mondo...Mondoñedo!!
2 Comments:
At 1:13 PM, Marcos said…
Gran xornada billardeira,na que me quedo co retorno dos historicos, q realmente nunca se foran!!
At 2:13 PM, Anônimo said…
Non participaron n'Adina as persoas implicadas no asalto ao galiñeiro. Foi así porque están en busca e captura no Salnés. Se entran no territorio serán detidos pola policía comarcal.
Postar um comentário
<< Home