O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, março 15, 2011

MONDOÑEDO MOD>>NON SOMOS COMA OS DEMÁIS , POR ISO SOMOS MODS E XOGAMOS Á BILLARDA!!


Rumban os motores das vespas da gran tribo Mod billardeira que infuenciada polos vestixios da sempre presente moda contestaria brit dos primeiros anos 60 salta a primeira liña do fronte pola descuberta dista espectacular foto de época tomada nas rúas de Mondoñedo e que ilustra perfectamente a paixón xuvenil e rebelde con que as billardas van voltar a chimpar iste vindeiro domingo 20 no Alameda Mindoniense na desputa do Aberto da tarta nativa xusto despois que a gran ópera billardeira comece ise find o sábado 19 no Aberto de Adina ( Sanxenxo ) puntuábel para a conf. sur no que se homenaxeará adamáis ó mítico escritor Ramón Valenzuela , tamén coñecido polo psedónimo literaio de Pepe dos Cestos , activista anti-franquista coa pruma e co fusil que xace enterrado no cemiterio da Adiana a escasos metros de donde se desputará iste emotivo Aberto. Jimmy Cooper afirmaba en Quadrophenia : "eu non quero ser coma os demàis por iso son mod", un sentimento que invade tamén o noso ser e se certifa tamén no espectacular entramado xa confirmado para o 26 de marzo en Cerceda donde billarda, xantar de irmandade e música galega irán da mán na espectacular acción perpetrada polos irmáns da A.C Lucerna e a tribo LNB do Noroeste....Nós non somos como @s demáis por iso xogamos á billarda!!