O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, março 25, 2011

DA FESTA DA BILLARDA DE CERCEDA Á REFESTA DA BILLA EN ARES NA BEZOUQUEIRA!!

Todo xa preparado en Cerceda para a gran e explosiva Canfurnada Billardeira que se prepara na vila incendiar as rúas dende as 12 da mañá ate altas horas da madrugada. Aberto de billarda puntuábel para a Conf. NorOeste , xantar de irmandade, posterior palestra sobre a revolución billarda e todas as súas implicación musicais culturais e fin de festa con pinchada de música en galego e Galeoke a todo trapo. Non podes quedar á marxe , armate e ás trincheiras de Cerceda da revolta billardeira...

Unha festa en Cerceda que terá o after hours situado no Pavillón do CPI Conde de Fenosa de Ares na Conferencia Bezouqueira donde apartires das 11 h. do domingo se desputará a nova enganchada puntuábel para a indomábel tribo das terras do Eume , seguidade de xogar en enxoito xa que como é sabido e como anuncias no seu web non se podes fiar un cando olla cara ó ceo porque marzo marzolo , trebón e raiolo! E como vimos anuciando a acción transgresora da LNB non refricte unicamente nos eidos das pistas de xogo , o escudo do mesmísimo concelo de Cerceda foi unha vistima máis da nosa poderosa acción artística cunha mutación que borrou da súa face a térmica de Meirama polos paláns e billardas da LNB , unha explendorosa operación de botox que de seguro se exterá por moitos màis escudos e simbolos dun país que insultan gravemente ó senso común de calquera habitante dista república billarda , un estado que en calquera intre pode chamar á túa porta para tomarche os datos das túas experiencias nista país de golpes e suores varios, mais na República Billarda como sabedes non só hai republi-cáns e cadelas xa que existe un mutitudinario exército de vacas e xatos que pacen sen parar do inmenso prado de herba freca que é o da música galega e de todos os seus derivados....descubre a maxestuosa e impectante pradeiro de información do Musiqueoh , cuxo sementador estará tamén presente na palestra LNB dista Cerceda liverada diste sábado....billarda semrpe, adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 4:16 PM, Anonymous Pinto. said…

    E podemos ir ó museo do Moucho?


    Mi madriña, o día que a U.E. descubra en qué se gastaron os concellos galegos os fondos... sácannos do euro!

     

Postar um comentário

<< Home