"A CAPITANA GZ" GAÑA EN SALCEDA O PREMIO Ó MELLOR DISFRAZ E DAVID DE 13-14 VENCE NO ABERTO-ENTROIDEIRO DA LNB!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEitxAthZ_m19bQQukGG__A7PLRo7G73m0ypYxPm6gihenaQYNuDoi-tqa6IW2Sams9tybfDUyYCg-cgWKRcRRPGvd9h-m0CjIPp38KX1t3gdMcy528FdJr15LZzGFXZVdkNNcFg/s400/gadafi.jpg)
Quen o sábado vai ó muiño, pouca folga ten o domingo... temos necesaimante que recurrir ó refraneiro galaico para tentar botar máis fariña na impresionate explosión billardeiro-entroideira acontecida en Salceda iste sábado previo ó domingo faleiro que vai sentar frente a frente a porcos e persoas polo que botou para atrás á tribo da Conf. NorOeste que aprazan o Aberto diste domingo que estaba no ar para potenciar a enriquecedora e saudábel inxesta do cocido indispensábel nista datas . Co alento entrecortado xa nos primeiros compases da gran festa de entroido no centro social dos 13-14 de Salceda a donde se transladou a serpe multicor depois diste fareliro asalto puntuábel que deixou a David como gran vencedor diste mutante Aberto e a Xurxo , ambos da franquicia local 13-14 coma segundo, conseguindo o xenial Pinto da Faisca, rabuñar un variosísisimo terceiro posto no pódium polo que compartirá pois con David e Xurxo o grande honor de lavar as tripas do porco recén matado no lavadoiro imposíbel da madrugada infinda. Mais non queda ahí a cousa nen moito menos, á espectacular mutación eklesiática de Xosé Miguel da Faisca mutado na pista nun descomunal Rouco Varela , temos que engadir a fenomeal vencedora do xa mítico concurso de disfraces no que A CAPITANA GZ , tamén coñecida coma Iolanda, se sitúa ó carón do mesmísimo Gadafi coma referentes absolutos dun entroido diferente e combativo que atrae as olladas de toda a comunidade internacional .
E moi atentos porque A Capitana GZ non chegou ás pista da LNB por casualidade , pegade os ollos ás panatallas porque niste mes de marzo estréase a nova tempada de Non Saímos do Lixo , a referencial web-serie producida polos irmáns de Komunikando....
3 Comments:
At 12:51 PM,
Anônimo said…
O cardenal Rouco Varela viaxa dende Salceda ata Alcorcón para animar o Celta onde foi visto polas cámaras do canal+
At 12:51 PM,
Anônimo said…
O cardenal Rouco Varela viaxa dende Salceda ata Alcorcón para animar o Celta onde foi visto polas cámaras do canal+
At 7:58 PM,
Anônimo said…
Debeu xogar el tamén..
Postar um comentário
<< Home