O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, março 16, 2011

AS BÁGOAS DO DEMO ....BROTARÁN DE NOVOS NOS ABERTOS DISTA FIND!!


Non podemos deixar de reivindicar como propia a figura do persoeiro que a tan só uns metros da pista de Adina dende un nicho de enfronte , iste vindeiro sábado, vai estar con tod@s nós zoupándolle á billarda. Escritor , militante nacionalista e activista anti-franquista , o espírito e a filosofía de irmandade e superación de estados opresivos por medio da acción clandestina sitúa a Ramón de Valenzuela coma un referente absoluto en tódolos sentidos para acción e dinamización da nosa imparábel revolución de suores concienciados. Castelao foi un dos seus grandes referenctes xunto ó que loitou activamente no fronte político-artístico do partido galeguista , mais se desexas coñecer de preto o seu legado político e literario non deixes de buscar nos seus libros unha mensaxe que nos días de hoxe segue totalmente vixente , Non agardarei por ninguén , o polémico discurso da " historia do galegusimo político", Era tempo de apandar ou a súa referencia peza teatral BÁGOAS DO DEMO , estreada no centro gallego de Bos Aires no 64 baixo a dirección de Blanco Amor.

ANO CUNQUEIRO, SI O VELLO SINBAB VOLTASE ÁS ILLAS COMERÍA TARTAS DE MONDOÑEDO E XOGARÍA Á BILLARDA!!



Mais outro referente indiscutíbel e que sempre hai que reivindicar no Aberto do vindeiro domingo na NorLeste , sobre todo na súa espectacular faceta de markeing autóctono , é sen dúbida a figura do Rei das Tartas de Mondoñedo. Máis aló das consideracións sobre as súas aportacións á reproteiría autóctono o que se reicvindicará en Mondoñedo unha vez màis é a súa forma tan botada para diante e sen complexos de vender o seu producto no que cría, foron tartas pero podería ser calquera outra cousa , sen complexos e botado para diante invadindo espazos e bocas coas súas tartas que doutro xeito nunca podería ter conquistado, así para ilustrar iste estalo previo ó grande Aberto da tarte de Mondoñedo eleximos unha espectacular foto do rei ó carón dunha xovencísima nai do grande actor español chamado Paquirrín. Non podemos despedir a conexión sen recordar ademáis que iste ano celébrase o ano Cunqueiro e Mondoñedo xunto con Vigo serán epicentros dista celebración ó gran escritor mindoniense...Si o vello Sinbad voltase ás illas , xogaría á billarda seguro!!