O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, fevereiro 19, 2011

ISTE SÁBADO DESPÍDESE O MÍTICO PUB PASILLO DE RIBADEO...QUE NOS QUITEN O MAMAO!!!


Nun intre no que xa se inicia a conta a trás cara á invasión das estrelas do firmamento bezouqueiro para o vindeiro fin de semana e para combatir a podredume mediática da Gasolada diste find , é o intre sen dúbida de recuperar ista explosiva e histórica foto dun dos memorábeis primeiros All Stars celebrados na Zapeteira ( NorOestre ) , a cousa é que as equipas do leste e Oeste vestiron as espectaculares camisetas patrocinadas polo mítico Pub Pasillo de Ribadeo que iste sábado despois de centos de sábados alumeándo os ollos nas madrugadas da mariña . pecha as portas nunha festa que promete ser antolóxica na música e á hora de abrir a sempre intensa caixa da morriña de vidro. Sen dúbida O Pasillo foi un referente para todo tipo de iniciativas deportivas que coma a billarda buscaban un pequeno pero moi intenso apoio que as institucións nos negaban e nos siguen a negar sistematicamete. Ogallá que pecharan as portas dos concellos de todo a Galiza e no seu sitio abriran Pubs co mesmo impulso e vitalidade que o Pasillo, dende logo teríamos un país moito mellor, coma gota que colma o vaso de cubata de morriña berremos deturpándolle a canción á representante española no vindeiro eurovisión>> Moitas graza por todo Pasilleir@s ...e que nos quiten o mamao!!!

Marcadores:

2 Comments:

  • At 7:22 PM, Blogger MOBLES FOLGUEIRA said…

    HABENDO MOITOS "PASILLO" NON NECESITAMOS NIN INSTITUCIÓNS NEN ADMINISTRACIÓNS. MOITAS GRAZAS POR TER SEMPRE AS VOSAS PORTAS ABERTAS PARA NOS

     
  • At 9:08 PM, Anonymous marcos said…

    Unha pena q o pasillo teña q pechar as suas portas,quedando a movida ribadense ao borde do abismo,ademais de ser un local q apoia o deporte,non so a billarda,sino tamen o futbol e o basket!

     

Postar um comentário

<< Home