O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, fevereiro 22, 2011

26 DE FEBREIRO EN CABANAS A POLA CACHOLA , O RABO E AS UÑAS DO Billa-RDA ALL STARS_011!!


Todas as alarmas a nivel internacional activadas en dous puntos estratéxicos do planeta, Trípoli e Cabanas , xa que dende o pentágono ven indicios clarísimos que dende a LNB se quere comezar cunha nova era de guerra fría utilizando de xeito encuberto a nomenclatura abreviada da RDA ( República Democrática Alemá ) para instar a consturir un novo muro que divida os dous mundos, o da libertade fronte á sociedade da escravitude do capital. Sexa como for , os sistemas de inscripición para ista desafiante edición do partido das estrelas xa están activados no web oficial da Bezouqueira , polo que se queres desafiar ó poder , ás lesis da gravidade e ás ridículas acusacións de dopaxe sistemático dos nosos atletas irmáns da Alemania Democrática , acode empurrando o teu palán os diferentes estalos da xornada do All Stars e ó xantar de irmandade no Restaurante A Lareira donde amosaremos os dentes ós pratos e ó universo enteiro. E ó igual que sintonizades asiduamente no voso transistor de AM Radio Trípoli para saber sen manipulacións o que pasa na veciña Líbia , ista noite apartires das 23 h. na Radio Galega Música , sintoniza co Planeta Furancho porque como sabedes os martes os furantxicolas contactan coa República Billarda , estalos que como xa pasou co primeiro e histórico berro estarán ó teu dispor no espazo de Radio-Varal....billarda sempre , a pola cachucha , o rabo e as uñas do All Starts Bezouqueiro!!