O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 05, 2011

DO MEGALITO-FOTOGRÁFICO DE SAN XOAN DE RÍO Á FORZA DE CHOCHE DO ABERTO DE ANINOVO DE TRIVES!!


Inmersos na busqueda do paleolítico billardeiro , destapamos unha brutal galería instalada no Foto-Varal2 no que se amosa a primeira acción en Ourense que non podería ser noutro lugar que nas terras liveradas do Sub-comandante Moaña no Aberto de San Xoan de Río, agora que vimos de celebrar o espectacular exitazo da convocatoria de siareir@s e da LNB no Aberto da Auténtica na cidade das Burgas , destapamos tamén o extremecedor crónico e repercusións na realidade e nas redes sociais do histórico estalo de Aninovo de Trives.

DE TRIVES Ó BERNABEU!!

Temos xa repercusións do Aberto de Aninovo de Trives. Un palanador do pobo de San Xurxo en San Xoán de Río afirmou no Aberto de Trives que xa estaba farto de tanto fútbol e que se 100.000 persoas o apoiaban estrellaba o seu coche contra o Santiago Bernabéu, xa que temporalmente sufre un exilio en Madrid porque a súa nai non lle deixa vir ao pobo a vivir. Este palanador xa participou no primer aberto da provincia de Ourense en San Xoán de Río e ten ganas de voltar a xogar a billarda. Os eventos no Facebook e Tuenti chámanse: Estrellar o coche contra o Santiago Bernabéu. A putada e que ten o coche estropeado , que se estrellou en Nadal no pobo e non pode vir este fin de semana para facerlle un reportaxe para Tele-Varal, pero a ver cando ven se pode ir a un aberto..... ogallá depois coincida cun partido do Madrid para velo con el nun bar , fumar non se poderá pero naide dixo nada de coller o coche e espetarse contra a televisión!!