O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 03, 2011

ADINA ...O PODER DOS TACÓNS E DAS BILLARDAS INVADE O SALNÉS!!

Nistas datas nas que as familias se xuntan para ben ou para mal convén ter sempre un palán á man ben sexa para porlle as cousas claras a ise parente pesado e roñoso que un ano màis se fai insoportábel ou ben para exercer de mestre de cerimonias axudando á dixestion dos comesais mediante o desporto da billarda coma perfecto elemento de integración xeracional . Luis , palanador dos Bateas cóntanos a súa expericnacia niste estalo sobre o cal de seguro profundizará ista noite do Luns apartires das 21 h. nunha nova edición do Gz en Varados que co-presenta xunto ó seu compañeiro Xan Rodiño >>>


Sempre se fala de que as mulleres non participan na lnb ou que non queren xogar billarda. Mais, polo menos n'Adina, tradicionalmente sempre houbo moitas xogadoras, e quen sabe se eran maioría. No 1 de Xaneiro xogaron por primeira vez a miña sobriña e a miña irmán, que compartiron pista coa miña nai, que foi unha xogadora na sua infancia e que hoxe, mais de 40 anos despois, puiden ver que non perdeu a calidade. Nunha das fotos da miña nai verás como se coloca para xogar (a min lémbrame ao estilo que teñen algúns dos palanadores da elite).
Nestas fotos podemos ver 3 xeracións de palanadoras d'Adina, onde saen nai, filla e neta (esa rapaza está enganchada xa). Nunha das fotos saio eu coa miña nai, que non puido competir nunca e que espero que o faga algún día, para que vexa que o xogo da sua infancia é hoxe un deporte serio.

Tamén subín un video cos primeiros golpes da miña sobriña, que como podes ver tivo moitos problemas. A culpa foi miña porque non sabía que era zurda. O meu pai tamén 40 anos despois voltou xogar e tamén demostrou ser un palanador experto, con golpes que nunha pista con varal serían seguramente varados. E tamén o meu cuñado, soriano, mais con ascendencia galega.