O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 12, 2010

SÁBADO DE RESACA EN MOAÑA E DOMINGO LAÑADO EN FOZ E LAVAÑOU!!

Domingo Sangriento é un término utilizado para describir dous eventos de gran controversia na historia da irmá Irlanda. O primero deles foi a masacre producida en 1920 nun partido de fútbol gaélico en Croke Park, Dublín. De seguro que non chegará o sangue ó ríos iste domingo no Aberto de Foz mais a sangue convertirase en poderoso sal de irmandade entre as equipas e palanadores que ioste domingo apartires das 16n se acheguen ate Foz para ou ben no Capo da Cabana ou n pavillón do CEIP Nº1 desputar o magnícifo feixado de Chicarros Lañados que antigamente tanta fame sacaron e que nistes tempos de escaseza e crise xa se converten en manxar para a mesa que os acolla.

Chove sobre mollado, foi o que pasou o ano pasado niste referencia Aberto na vila de Foz donde a chuvia e a oscuridade acompañou unha magnífica sesion de billarda en toda a súa pleniutude, e atención porque se no adestramento castañeiro os Remourelle Bulls xa amosaron os dentes,e en Foz coa imcorparación da súa irregular mais intimidadora estrela Milio que formará tamdem nunha franquicia ó completo tentarán que algún dos seus palanadores poidan facer doblete xa que Ginés ó posuidor das espiñas dos chicharros. Contacto>> 605.316896

NOROESTE>> I ABERTO DE LAVAÑOU / domingo 12 h
Cunha tan instensa guerra de guerriñas na que a LNB está inmersa nas aldeas , vilas e cidades do país a tribo do norte decide botarse a diante para gañar ista batalla inmensa no loita de billardas barrio po barrio, é por elo que iste domingo ó medio día a mecha arrinca en Lavañou e ti tes que estar aló co palán aceso e a lingua disposta ó idioma Koruño para no seu idioma zouparlle ás billarda indomábeis do NorOeste . Contacto>> 679908773 (David Fontán)

SÁBADO MOAÑA>> SAN RESAQUIÑO.


Comezar a arrincadeira billardeira de resaca é o axeitrado e deixándolle claro ós futboleiros que o o partido Barça-Madrid non se troca para o luns por intereses de emisión senón porque espantados na LFP polo puño na mesa da Conferencia Sur e da Bezouqueira de por os seus Abertos puntuábeis en domingo eles non tiveron màis remedio que transladar a pachaga para o luns....un brinde iste sábado en Moaña cos irmáns da Ghudalla na festa do San Resaquiño por iste truinfo e que os do futbol non nos tenten que podemos por outro Aberto para o luns ás 9 da noite e despois a ver que pasa....polo monento Galiza en Varados vai por as cousas claras e non teme a guerra de audiencias dista luns lañado...

5 Comments:

  • At 3:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    A dúbida e se irá o Dinosaurio o aberto

     
  • At 4:27 PM, Anonymous Anônimo said…

    A LNB prepara un manifesto sobre o conflicto saharaui que lerá en Galicia en Varados, deste próximo luns día 15, según nos informa a axencia Galiciapress. Non o perdades.

     
  • At 4:46 PM, Anonymous Anônimo said…

    O Dinosaurio vai fixo

     
  • At 4:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    O DINOSAURIO SAIRÁ EN GZ EN VARADOS??

     
  • At 9:51 PM, Blogger lnb-noroeste said…

    Atención, palanadoras e palanadores!
    Vémonos obrigados a trasladar o comezo da Conferencia NorOeste a outro punto estratéxico da Coruña, o parque de Santa Margarida! Labañou, así como outros barrios koruñentos, prepáranse porque terán a súa oportunidade de ser sede da liga cando as cousas estean aínda máis quentes.
    Hoxe á noite máis información no noso blogue e facebook!
    Súbete ao barco atlántico da LNB-NorOeste!

     

Postar um comentário

<< Home