SÁBADO 27 , 20:38 H ....MAFIA GALEGA ASALTA A TIROS E PALABRAS O ESCEARIO BRETÓN DO LIET 2010!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhBB_SdAvIGvIjQtTN79JjY5OqpBTXUi7HV7DLjv3BNnnWs_iy-ljxUj5mUbr-nJMlLeQAhYULWICXwn8-qEqkDgu-I_Yw2NYT31or1oCrdoO5Gd9_gWxSEw6qxuf5M9cqtaABc/s400/LIET+086.jpg)
Detrás dista cortisa repousa un soño realizado , unha amalgama se sensacións e instantes vididos por un grupo de rapaces e rapazas ilusionados cunha causa e unha filosofía de ataque e respeto ó alleo , diferente e minoritario surxido das pistas e das xentes todas que poboamos os campos liberados da LNB. O bruar das bestas bravas invadíu ó esceario do Liet iste sábado 27 ás 20:38 h. para amosar ó mundo o noso alento sen complexos , unha punta de lanza formada por Francisco , Felipe e Xermán armados no palco que baixo o temíbel nome de Mafia Galega que a tan só uns metros de distancia contaban co impulso sen tregua do comando deprazado ate Lorient, Sak, Maria Teresa , Marta e María formaron iste gran equipo de valentes que sen eles non tería sentido nada do realizado. No país , Nachok , Xabier Cordal , Xavier Campos e Moises formaron o outro pilar de apoio sen o cal sería imposíbel realizar o salto mortal sen redes ó esceario do Liet.
Atentos porque haberá un especial Mafia Galega no Liet donde a única eiva foi non acadar os resultados deportivos desexados que eran ou primeiros ou últimos . Orka das illas feroe cunha explosiva e experimental mistura de música industrial extrema realizada con instrumentos reciclados e cantos tradicionais feroeses fixéronse con premio do xurado e os Friulianos de Resistence in Dub acadaron o premio do público ....moitísimas grazas a todos os que apoiástedes a Mafia Galega cos vosos votos e o voso alento dende a Galiza e dende tódolos recunchos do universo e refregade os ollos para o especial e histórico Mafia Galega no Liet, Billarda sempre adiante co Varal!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home