REFREGADE OS OLLOS...IKER DE TXIRIKILA BAI VENCE A TIAGO NA GRAN FINAL DO II TXIRIKILA TXAPELKETA!!
Malísimas novas para o inimigo, a Txirikila colle unha forza e amiaza conducida pola man de xeo e lume de Mourinho e do lendakari Filipe con consolidar unha competición con Abertos regulares en Euskal Herria., o sentimento de irmandade internacionalista eusko-galaico foi tan poderoso en Donibane que decididamente os txirikilaris queren optar por botarse ó monte pacer da mesma herba do campo liberado do que se alimenta a LNB. Xosé Miguel, Ana e a Tiago´s family foi a poderosa e inmellorábel representación da LNB que a istas horas aínda respiran e comparten o seu alento de loita por conquistar o soño da liberdade dos povos irmandada pola txirikila e a billarda. Unha selección basca de txirikila cuxa constituxión xa está no horizonte polo que Flores xa azuza ó seu asesor técnico Pinto para que ademáis de comentarios no blog do sul comecen a preparar a ofensiva billardeira fronte ó posíbel desafío dos palanadores da terras bascas....( atentos porque se preparan video-estalos e crónicos que axiña se irán destapando dista histórica enganchada)
Os tres primeiros foron:
1º Iker (EH)
2º Tiago (GZ)
3º Kampano (EH)
Xogouse distinto, primeiro en grupos de 6 dúas carreiras, dos que pasaban 4. Despois outra vez por grupos e así até unha final entre 4, onde se decidiu o primeiro, segundo e terceiro postos.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home