O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 01, 2010

O CASTANHAZO E A FAME TROIXO Ó FILLO PRÓDIGO Á CASA ....E CON EL VOLTOU O ESCÁNDALO!!

E con el retorna o espéctácule e os escándalo á LNB, irrompe Pinto de novo e faino disposto a rachar os araminos de espiñas en todas cantas conferencias poida , inclusive alimenta a idea brutal da irrupción de conferencias LNB nos propios barrios das cidades e das vilas, en Chantada arrincou fai xa uns anos Bravú que fulminou estereotipos na música galaica , a mesma forza e cheiro a porco sen capar é a que se desprende Pinto , Gil , Tiago , Os Rodiño Brothers , Rubén Otero e toda a indomábel tribo que asoma niste histórico video-estalo-bravú baixo as euralitas da feira de gando de Chantada.

O CASTANHAZO ABREA AS PORTAS Ó BILHARDAZO!!

E para os que non se expliquen o porqué do espectacular rodillo despregado iste sábado en Asturies para recuperar a Copa Cantábrica pola Auténtica de Flores , no xeito de comer de Pinto tendes a clarísima explicación.....Ate as ánimas piden billarda a berros!!

3 Comments:

  • At 12:00 AM, Anonymous Pinto said…

    Xan rodinho é o único xornalista que fai uso da "pregunta total":

    -Bueno Pinto, qué?

    ¿Onde foron esas entrevistas trabalhadas, onde o xornalista se preparaba un mínimo o que tinha que falar e decir, e molestábase en investigar?.
    Como pertencente a mítica familia do xornalismo vigués a que estou adscrito, quero denunciar o INTRUSISMO de Xan Rodinho en tan insigne profesión, que tan ben deu de comer os membros da minha familia. - Case tan ben como lhe dou eu a comer os meus clientes-.

    Lembro aqueles tempos nos que os videos se editaban, e saian colorinchos... vexo que o empuxe dos rodinho comeza a fraquear, ¿estarán a pensar en fuxir dos comités da LNB? e abandoar asi, a súa militancia bilhardeira?

    En Asturies nom pasaba muita fame, os compañeiros do chollo asustábanse véndome comer, un día despois dunha boda, comin 5 platos de cigalas, e dous bogavantes de kilo - claro está, non comín as cáscaras-. E o peor era que me decian que ia a Asturies a matar a fame!!! Eu sempre como a rachar!


    Non vexo por ningures a cronica dos Xogos Rurales, nos que o equipo chamado BILHARDEIROS, integrado por Yeyo, Gil, Pinto, O Dume e capitaneado polo COMANDANTE Otero, se impuxo ó resto das Equipas, alcanzando asi a gloria que distingue os gañadores deste campionato.

    Hai videos e son moi duros de ver. O home coma especie enfrontado os seus maiores temores, outros homes.

    Ssaude e Patria

     
  • At 9:04 AM, Anonymous Drente said…

    hai dous tipos de homes e mulleres na LNB @s que comen as cigalas e deixan as cáscaras e @s que comen cáscaras e todo , mais no interior galaico existe unha especie de homo-case-erectus que no chourizo come tamén o cordón do inicio e final de cada exemplar....ises son os imprescindíbeis!!

     
  • At 12:20 AM, Anonymous Un Bateas said…

    Pinto, entereime de que queres ser o segundo palanador profesional galego. Espero que entendas o que quero dicir con isto....

     

Postar um comentário

<< Home