O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 03, 2010

NACE O "LICOR-CAFÉ PARTY" PARA RECIBIR A PAUS Ó PAPA NO I ABERTO DE BILHARDA A_TEU [ no concello de Teo ]!!


A presenza papal na Galiza non podía traer nada bo, iso é o que pensarán moitos despois de que o pontífice bique chan galaico , as estratéxias de acción levadas a cabo por dúas das entidades sociais máis comprometidas e activas do país como son seioque e a LNB despois de por en xaque durante o verán a todo un estado enforvorizado que ollaba cara Portugal para ver como os siareiros galegos cerraban filas apoiando á selección irmá luso-galaica fronte a la Roja. Atentos porque confírmase o nacemento do LICOR-CAFÉ PARTY, o movimento social galego que aglutina ó extremismo ridiculista e deportivo que cunha botella de licor café nunha man e noutro o poder que nos outorga a brevaxe e a história iste sábado conformaremos a primeira acción brutal para recibir como se merece , é dicer a paus á súa santidade e a toda a súa tropa de seguidores. Paláns ergueitos pois iste sábado no concello de Teo donde se realizará a grande festa de non recibimento papal no que se enmarca iste I Aberto Aberto de Bilharda A_Teu , a participación será Aberta e individual e os palanadores e palanadoras que acudan co seu equipo puntuarán para o mesmo polo que ó final , ademáis dun campión absoluto haberá tamén unha equipa gañadora , premios , hostias e paus repartiranse iste sábado en Compostela e en Teo non será menos. A Coordiancación do Aberto está sendo xestionada pola Conferencia Centro , os asistentes ó Aberto rogamos que se poñan en contacto antes cos contactos LNB para coñecer antes de partir calquera posibel troco de hora ou espazo . Contactos LNB do Licor Café Party >> Jose Luis: 649.325103 / Xosá Rodiño : 676.632552 / Xan Rodiño: 659.553543

5 Comments:

  • At 11:32 AM, Anonymous Reyes "OS OUTROS" said…

    A ver si os poneis de acuerdo, que no sé si tengo que entrenar las billardas de sábado o las de domingo,je je je

     
  • At 1:17 PM, Anonymous Anônimo said…

    Reyes son as billardas Santas

     
  • At 1:54 PM, Anonymous Reyes "OS OUTROS" said…

    ooooo, que mala suerte, esas están en periodo de bendición, asique o salen las del domingo o nada, porque las del sabado van de fiesta....je je je

     
  • At 8:07 PM, Anonymous Anônimo said…

    ollo que o Vaticano confirma a participación do seu equipo de billardus no aberto do sábado.

     
  • At 8:48 AM, Anonymous monxo said…

    confirmada tamén a equipa de monxas de cluasura da quintana...uau!!

     

Postar um comentário

<< Home