O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 10, 2010

A LNB DESAFÍA A SUPREMACÍA DOS DEPORTES STANDARS INVADINDO OS PAVILLÓNS DO PÁIS ENTEIRO!!


Cando a LNB comezou a súa andaina moitos ilusos comentaban que iste era un "xogo" cinxido exclusivamente á época de verán , para realizar nunha festa despois do xantar na casa para entre risos baixar a comida, ises non sabína o que se lles viñan enriba .Dende o inico dos tempos da LNB a cara distes e o seu lema de "unha vez ó ano non fai dano" estiveron no centro da diana.


Tamén parecía incríbel ver a palanadores en pleno inverno xogando baixo a chuvia como se fixo en históricos intres no poderoso volcan en erupción do Norleste que grazas a accións tan brutais coma istas de desafiar sen pararaios os lóstregos e as tormentas inferenais podemos dicer que hoxe estamos donde estamos, cunha find á vista que se abre xa con fenomenal resaca na espectacular festa que os irmáns da Ghudalla artellan para iste sábado ás 22 h na casa da cultura do Abelendo en Moaña, imperdíbel o cartaz que xa está guindado no web da Conf. Sur e que será o exitante previo para o vindeiro "domingo-18 " realizar no Pavillón de Salceda unha nova enganchada regular na conferencia . Mentras e xa cos palán pedindo billardas nas mans estáns os palanadores e palanadoras da NorOeste que iste domingo ó medio-día se estrean en competición regular co Aberto de Lavañou ( A Coruña ) que unhas horas despois ás 16 da tarde en Foz con toda a tribo da LNB do NorLeste corpo presente lañará coma os chicharros que recibirá o campión ou campioa do Aberto o país enteiro. Cando se nos poñían impedimento que nos pavillóns as nosas billardas estropeaban o chan poucos dises carceleiros deportivos podían prever que ó ritmo que imos donde xoguen as billardas non poderán voltar botar as pelotas dos deportes coloniais. Ó ar e a cuberto a gran nave de buxo da LNB conquista o mañá!!