O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, novembro 14, 2010

HHCH , O RECOPILATORIO DE HIP HOP SUIZO ABRE A GRAN XEIRA DE ACCIÓNS INTERNACIONAIS DA LNB!!


Un bar , un mostrator e unhas mesas nun currunco do país soportan o peso brutal da imparábel expansión internacional do proxecto deportivo e cultural da LNB, niste mostrador bebeu Joam Mourinho coordiandor do Aberto de Pasaia que iste sábado 20 terá a súa segunda edición e aquí tomaron o habitoallamento o comando de palanadores que na pasada edición particiaparon do encontro salvaxe de txirikila e billarda. Nunha distas mesas como Paco de Mafia Galega afirma iste domingo na presentación do disco recopilatorio de grupos de hip hop suizo en Radio Oceánica da RGM, teceuse sen sabelo nen imaxinalo cunhas cervexas e aceitunas coma únicos testigos a explosiva irrupción diste vindeiro 27 de novembro no festival do Liet Internacional . Menos mal que por ista Taberna do Povo tamén pasaron os escalo-palanadores da Conferencia Sur da LNB que nos deixaron cordas e ganchos suficientes para asegurar calquera das nosas escaladas internacionais , ademáis duns misteriros pós brancos que non sabemos se é para botar nos fuciños ou para refregar as mans para non resvalar nos perigosos penedos.....

OS BATEAS GOLPE DE ESTADO NO NOROESTE E NORLESTE!!


Domingo de doblete para os Bateas , a máis nomade franquia da LNB con sede en Portonovo e multitude de zulos espallados polo pais puxo á súa dobel_X a funcionar , na mañá no Aberto en Santa Margarida no arrinque da Conferencia NorOeste foi Xan Rodiño fronte a Lois dos Filloas quen se fixo co trinufo e no serán en Foz foi o menor dos Rodiño, Xosé que se fixo cos chicarros lañados. Atención porque A Nosa Terra abre espazo de información billardeiro con datos dos resultados da xornada.

O SELECICIONADOR NACIONAL FLORES , SUPERVISA O PRIMEIRO ENSAIO DO HIMNO DOS BATEAS!!


Con emisión no seu horario de luns ás 21 h Galiza en Varados de seguro que poderá ofrecer un adianto do explosivo estreo do himno dos Bateas realizado ó final do Aberto do Chicharro , súmanse así os Tres Tenores do Salnés acompañados de Daniel dos BM á gran bola de lume do proxecto de activación sonoro-cultural polo que a LNB leva loitando tan intensamente e que en exclusiva mundial no concurso de Gz en Varados poderás conseguir un adianto en formato maqueta do que será o gran barreno chamado República Billarda....iste luns ás 21 H do luns tes unha cita ineludíbel con Galiza en Varados!!

5 Comments:

  • At 12:33 AM, Anonymous Anônimo said…

    estamos impacientes

     
  • At 12:40 AM, Anonymous Anônimo said…

    A triple X

     
  • At 11:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    Nótase que Suso Diz está subido no taburete.

    Pd: Ten os pes postos no asiento.


    Pd2: E de puntillas!

     
  • At 1:10 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que demacrado esta o Yoyes!

     
  • At 1:46 PM, Anonymous Anônimo said…

    O Yeyo non sae na foto.
    Creo que te confundes co Viana.

     

Postar um comentário

<< Home