O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, novembro 05, 2010

Habemus Papam no I ABERTO A_TEU... E O DOMINGO ADESTRAMENTO CASTAÑEIRO ABERTO EN OVE ( Ribadeu )!!

Imposíbel manterse á marxe , a incitación á tontería que durante toda ista find se nos machaca para seguir por unha banda o percorrido por Compostela e Barna dun coche blindado paseando a un señor alemá e por outro seguir a descurrir duns homes enfundados en monos de cores dando voltas nun circuito en Brasil fan que a LNB teña que tomar cartas no asunto para parar iste ataque brutal á dignidade colectiva. Como sabes o sábado a alternativa chámase I Aberto A_Teu no concello de Teo enmarcado na gran festa A_Tea que alí se vai desenrolar e o domingo a alternativa a tanto adestramento que os da Formula- 1 nos queren meter polos ollos é o Adestramentro Castañeiro Aberto do NorLeste na Pista de Ove que pode ser a cuberto no caso que se torza o tempo. Se queres coñecer iste deporte ou ter unha primeira toma de contacto con ista revolución que racha moldes non terás mellor oportunidades ca istas que se che ofrecen en Teu e en Ove, anímate a dar o paso cara á conversión ó monoteismo billardeiro. Contacto directo Adestramento Castañeiro de Ove: 636.843377


I Aberto A_Teu >>Habemus Papam... óvel!


Segundo nos informam da A.C. Lua Chea de Calo já chegou a_Teu o Papamóvel. Que festom, minha nossa! Nom vai faltar deus com nada!>> Efectivamente, nen os corpos de guridade do Vaticano que tomaron a cidade de compostela por terra e ar van poder impedir a espectacular caravana de carros que iste sábado vai chegar a Teo coas maletas cheas de paláns , billardas e xuramentos. Contacto directo : 676.632552