ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> A EXPLOSIVA FESTA DE CELEBRACIÓN NO SET GALEGO DESPOIS DE BAIXAR DO ESCEARIO!!
Respiracións entrecortadas, cigarros consumidos cunha sóa calada, vasos valeiros dun único grolo, a adrenalina non quería baixar dos corpos e das mentes dos membros de Mafia Galega desfrutando ó máximo despois de descargar as pistolas , metralletas e gorxas sobre o impoluto esceario do Liet.
Mais aló do exitazo sen paliativos da acción billardeiro-sonora de Mafia Galega no Liet unha outra estrela elmerxeu sen dúbida ó firmamento LNB, falamos claro está da estrela do hip hop suizo Felipe , con orixes indíxenas no concello pontevedrés da Estrada foi unha das locomotoras imprescindibeis para sacar adiante iste gran soño feito realidade, Paco e Xermán estaría espidos no esceario de non ser pola actitude brutal e o compromiso billardeiro de Felipe que nos deixou a todos impresionados.
Sak , nun arrebato de emoción , trocou por un instante os seus cascos de Radio Oceánica pola restra de chourizos de Meira que formaban parte da explosiva perfomance de Mafia Galega durante a súa actuacion , arrincaba a festaza con káterin galaico no camerino da expedición galaica...
E se Sak acendeu a mecha Paco colleu o coitelo e o prato para serviro o gran manxar das cortes galaicas misturado con pan tradicional bretón para ofrecer a todas as delegacións e grupos instalados no noso mesmo corredor, como non podía ser doutro xeito o irmán Dom Duff o representante de lingua bretoa estivo na festaza saboreando o país qiue de seguro e dende logo co impulso da LNB se seguro que logo pisará para realizar a súa tan desexada xira galaica.
Un final de festa que marcado no esceario pola espectacular actuación do mítico grupo breton de punk-folk Les Ramoneurs de Menhirs , unha apoloxía absoluta do indixenismo bretón que nos mandou cargados de raiba ó peirao de Lorient á festa final no barco-pub donde entre grolos e desexos de irmandade despedimos ós grupos irmáns para moi pronto de seguro voltar atoparnos en calquera parte disto noso infranqueábel universo paralelo.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home