O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 29, 2010

ESPECIAL MAFIA GALEGA NO LIET >> CHEGOU A GRAN HORA!!

Orka petaban nos bidón e combinaban o seu brutal son cos desconcertantes berros foroces en lingua Feroesa, vibraba o público mantras Mafia Galega se preparaba no camerino antelasa do esceario antes de pasar ó matadeiro.

Só restaban uns minutos , Sak estaba cos tres sicarios antes de perpetrar o gran axustamento para o percorreran miles de km, soou por derradeira vez a base do telefono do noso dj e responsábel de Radio Oceánica , ó cesar a música olladas tensas e do silencio aterrador so roto polos golpes dos bidóns feroeses saíu unha voz da gorxa xa quente famenta de micro - Sak , deixanos ós tres sós porque agora a iste home temos que matalo nós!!

E así foi, con actitude como tiñamos prometido, defendemos unha lingua , un país ardendo dentro doutro país morto e murcho e unha filosofía de acción ensinando os dentes e sen ninbgún tipo de complexo, Paco dende Xenebra dirixíu toda unha perfomance que o sitúa nos altares do indixenismo galaico para sempre. A Chuvia fina de antaño converteuse en treboada brutal que inunda para sempre os nosa inmensa nave de buxo!!

Pasaban os segundo sobre o esceario e a Mafia afianzaba o seu atentado sonoro , só faltaba darlle o tiro de gracia.

E así foi , cun arrinque da actuación rachando moldes da man da visión extrema do fotógrafo Nachok que deixou á sala impactada por amosar unha praia das Catedrais embravecida coma nunca antes o mundo a tiña visto xamais , despois unha pequena escolma da súa apabuiante obra que deixou ó público boquiaberto e disposto para que a Mafia abria lume dende os curutos dos penedos bretóns. Se alguén tiña pensado vir á Galiza para desfrutar dos estereotipos da beleza da paisaxe e paisanaxe despois de ver ista proposta non dubidarán rexeitar isa patraña vendida dende os medios públicos para chegar ó país armados con paus e billardas e desfrutar da irmandade e paixón nos campos de concentración e adestramentos que a LNB está artellando construir para acoller a avalancha de turismo solidario-billardeiro que se prevé chegue ó país despois da acción de Mafia Galega


Diso xa se encargaron Paco e Felipe , os francófonos de Mafia galega deixaron un listón ó máis alto nivel na súa locución cos presentadores da Gala e na súa acción xa que foi o internacional coa Auténtica Paco, quen demostrou o seu dominio do deporte da billarda mediante o golpexo aproveitando que diante do esceario estaba a billarda e o palán co que xermán realizara o seu retro-golpexo que á postre foi fundamental para que Paco puidera ter o material a man co que asestar o tan desexado tiro de gracia no Liet Internancional 2010.