ESPECIAL LIET>> ISTE MÉRCORES ÁS 23 H. NO PLANETA FURANCHO ....MAFIA GALEGA A CONTA A ATRÁS!!
ORKA , ILLAS FEROE>>
ATENT@S>> Cando sintades os bidóns e o son espectacular da chatarra reciclada preparaivos porque faltarán só uns intensos minutos para que Mafia Galega invada o esceario do Liet, efectivamente un pouco despois das 20H. diste histórico sábado o sorprendente grupo ORKA das Illas Feroe rachará o xeo en Lorient para deixar paso acontinuación á ensemble Galaigo-Helvética de I love i do e da LNB que realizarán o seu set baixo os designios da perigosa e temida Mafia Galega. Ademaìs hoxe mércores en Planeta Furancho da RGM ás 23 h. da noite unha parte da expedición mentras enche as maletas de paláns, billardas e unto radiactivo falará con Vituco para expresar como se están a viver istas horas previas antes do asalto ó esceartio do Liet.
DOM DUFF , A BRETAÑA
E como sabedes os màis espelidos , a querencia polo representante Bretón nista edición do Liet xa ven de lonxe. Dom Duff e a Mafia Galega xa conectaron antes incluso de cruzar os alentos coma os bois da chega en An Oriant, interconexións breton-galaicas que obraron a miragre de sacar á luz a xente tan espectacular coma a traductora viguesa Carolina Díaz de galego ó breton e viceversa que fixo posíbel que a filosofía da LNB e o son de Mafia Galega xa esteña bruando no ar bretón dende as ondas da irmán Radio Kerne , beizóns Carolina por todo iste esforzo ademàis de amosarnos o brutal son do Breizh 'n' Bass e Dom vémonos en An Oriant para botarlle isas cervexas!!
STEPHANE CASALTA, CORCEGA>>
A loita Corsa sempre foi unha causa irmá nos xeitos e nas formas, incluso a proposta do seu representante Stephane Casalta tratará de amosar a cara màis amábel e perigosa dos barrenos corsos contra ferreo xugo francés imposto nista preciosa illa da costa azul.
R.ESISTENCE IN DUB, FRIULI >>
E se de afinidades estilísticas temos que falar , aquí están os representantes do Friulio , dende o estado italiano chegan ó Liet R.esistence in Dub , un sound system que percorre toda europa amosando o seu espectacular Dub con raigame xamaicana e pegada hiphopeira. Dende logo cando eles sáian ó esceario toda a Mafia Galega de seguro está en primeira fila!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home