A SERPE MULTICOR DA LNB SUMÉRXESE NA LAGOA DE COSPETO NA BÚSQUEDA DAS MÍTICAS RÁS DA TERRA CHÁ!!
E como non podia ser doutro xeito lanzamos unhas pinceladas para apoiar ise berro e isa acción billardeiroa que consiste en que con cada Aberto poidamos coñecer mellor e descubrir o maravilloso país no que habitamos e sobrevivimos , outro turismo tamèn é posíbel, Tod@s á lagoa , tod@s a Costeito!!
A lagoa de Cospeito é un humedal permanente situado no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital
provincial, Lugo.
Englobada dentro da Reserva da Biosfera Terras do Miño, é un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño.
Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso meramente agrícola.
Neste humedal existen aves coma avefrías, ánade silbón, ánade real, cercetas, galiñas de auga ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos.
Con respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas com
a o Eryngium viviparum.
CASA LATINO , XANTAR DA TERRA CHA E DA LAGOA EN MUIMENTA!!"Queremos facer de Casa Latino un lugar onde se poida xantar ben e degustar unha boa comida elaborada con produtos tradicionais, todo nun ambiente de tranquilidade». Esta é a filosofía de
Manuel Ángel Rodríguez Fontao, propietario da citada casa de comidas de Muimenta, con dous pratos estrela : O Terra Chá e O lagoa de Cospeito. O prezo é o mesmo para cada un: 14 euros. Os dos menús comparten o pan -da panadería de Muimenta, por suposto-, a bebida, o café (de pota-madre) e a queimada, con conxuro incluido.
O Terra Chá leva revolto de grelos Obenfield con xamón e ovos (de Casa Latino); polo campeiro (tamén da casa) con patacas á festa da Terra Chá, e de postre, filloas (de Muimenta, como non).
Para o Menú lagoa de Cospeito os pratos elexidos son: unhas troitas do Miño, unha carne de tenreia da serra de O Xistral, e quiexo de San Simón con membriño. Naturralmente atopamos unha gran eiva que é a falta das tan delicioas e saborosas ancas de rá da lagoa polo que un xeito de tentar subsanar isto é pasarse polo Latino para esixir que iste manxar sexa incorporado urxentemente no menú da Lagoa de Cospeito xa....
2 Comments:
At 2:32 PM, Lugosalvaxe said…
Outro contacto é posible:
Ana: 659749388
At 4:07 PM, Unknown said…
I love it when folks get together and share opinions. Great site, stick with it!
https://3kary.com/property-status/rest-houses-for-rent/
https://3kary.com/property-status/rest-houses-for-sale/
https://3kary.com/property-type/rest-houses/
https://decor-ksa.com/iron-fences/
Postar um comentário
<< Home