O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 01, 2010

O WEB-BLOG E O ESQUÍU BEZOUQUEIRO CONFIRMAN A NOVA CONFERENCIA LNB NA GRELLA DE SAÍDA DA GRAN SUPERLIGA GALAICA DE BILLARDA!!

Mentras que os chineses se preparan para o vindeiro ano convertelo segundo o seu horóscopo no ano do coello , lebre e do gato a LNB xa se adianta e confirma de xeito oficial a denominación dista nova edición da Superliga Galaica de Billarda coma o edición do esquío bezouqueiro xa que será o ano no os palanadores e palanadores pola Banda de Ferrol Terra e das terras do Eume poidan participar de xeito oficial nista gran tea da araña que é a Superliga Galaica de Billarda. Apresentamos pois o seu espectacular web-blog oficial no que tes que mergullarte xa de xeito total para coñecer con pelos e sinais cada un dos chimpos do esquíu bezouqueiro que iste sábado anuncia xa acción preparatoria cun explosivo Aberto ás 17 h no campo da festa de San Xoán de Piñeiro: I Aberto da Panceta e o criollo , Benvid@s irmans bezouqueiros porque entre tod@s tende por seguro que imos darlle duro de carallo a todo aquel se nos poña por diante , contacta e inscríbete xa na Bezouqueira >> 636.280513 / xms@hotmail.com