O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, setembro 23, 2010

O PATEIRO NÓMADE A POLO RECORD GALAICO DE PRESENZA EN ABERTOS NUNHA FIND!!


Nun contexto de video-comunicados e contundentes respostas por parte do Vingador da LNB ista find temos que facer pública tamén outra desacougante amiaza, é a verquida polo Pateiro Nómade que ista find amiaza coa omnipresenza en case tódolos Abertos que se producirán no país , unha tarefa reservada só para palanadores mutados en semideuses. Insistimos na barbaride>> O explosivo arrinque da Conferencia Bezouqueira iste domingo 26 ás 11:30h en Porto ( Cabanas ) capitaliza o brutal find que sitúa a Castrelo de Miño en Ourense, Lugo cidade e Riotorto coma brutais epicentros da serpe multicor que repta imparábel coa forza dun xabarín ferido. Contacto directo e inscripcións na Bezouqueira>> 636.280513

- sábado 25, Aberto do III aniversario dos irmáns de Madia-Leva, no autèntico pulmón da cidade das murallas, o Parque de Rosalía de Castro>> O dia 25 de setembro celebramos o nosso terceiro ano de vida e trabalho na comarca de Lugo. Um jantar popular , bilharda e apresentaçom dos cursos para este ano. Se queres participar no jantar cumpre confirmar antes do dia 24. ás 17h00. Aberto de bilharda. Parque Rosalia de Castro. Contacto directo: madialeva.gz@gmail.com / 671.216213

-Domingo 26:

E por se non fora pouca acción simultaneamente ó arrinque da Bezouqueira, no Planeta Ourense e pola maxistral acción do palanador nómade iste sábado ao mediodía e coma aceituna alternativa do vermut da Feira en Castrelo de Miño apartires das 12 h do entorno da feira no corazón da vila de Castrelo de Miño, contacto>> 988493000 e preguntar por Marta / dinamiza@castrelo.org / LNB castrelo de miño: 650341114

Mais a movilidade da conferencia mae do Norleste se torna tan afabante que non suficiente con atrapar un espectacular bonito en Burela iste domigo os irmáns do Buril confirman por todo o alto a súa inmersión na LNB coordinando o Aberto do Ferro no marco da Feira das Asociacións en Riotorto , apartires das 17 h. no campo de futbol do Riotorto , contacto directo>> 616.995013

AXENDA ARTE-NATIVA: ISTE VENRES MAGHUA A POLO QUEROSTAR EB CARRAL!!
Os concertos empezarán ás 23:00 horas e na seguinte orde: Chotokoeu, Maghúa e por útlimo La Senda de Afra. Todas as entradas venderanse a partir das 21:00, a 5€, até completar aforo.
Final do certame de música en directo QUEROSTAR, organizado pola Sala The Star. Despois dos concertos dos tres grupos finalistas (La Senda de Afra + Maghúa + Chotokoeu), o xurado decidirá quen é o primeiro, segundo e terceiro clasificado, que levará...n respectivamente 1.000, 500 e 300 euros>>Máis info: http://www.querostar.com/