O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 22, 2010

O BRUTAL ARRINQUE DA CONFERENCIA BEZOUQUEIRA FAI CHIPAR Ó ESQUÍU BILLEIRO DE CAVANAS A LUGO E DE RIOTORTO A CASTRELO DE MIÑO!!

O explosivo arrinque da Conferencia Bezouqueira iste domingo 26 ás 11:30h en Porto ( Cabanas ) capitaliza o brutal find que sitúa a Castrelo de Miño en Ourense, Lugo cidade e Riotorto coma brutais epicentros da serpe multicor que repta imparábel coa forza dun xabarín ferido. Contacto directo e inscripcións na Bezouqueira>> 636.280513

Tomade nota para unirvos ó grande chimpo do esquíu billeiro:

- sábado 25, Aberto do III aniversario dos irmáns de Madia-Leva, no autèntico pulmón da cidade das murallas, o Parque de Rosalía de Castro>> O dia 25 de setembro celebramos o nosso terceiro ano de vida e trabalho na comarca de Lugo. Um jantar popular , bilharda e apresentaçom dos cursos para este ano. Se queres participar no jantar cumpre confirmar antes do dia 24.
As actividades programadas para o dia:
12h30. Sessom vermouth
14h00. Jantar popular.
17h00. Aberto de bilharda. Parque Rosalia de Castro.
20h00. Apresentaçom dos cursos 2010/2011 , música e petiscos.
Contacto directo: madialeva.gz@gmail.com / 671.216213

-Domingo 26:

E por se non fora pouca acción simultaneamente ó arrinque da Bezouqueira, no Planeta Ourense e pola maxistral acción do palanador nómade iste sábado ao mediodía e coma aceituna alternativa do vermut da Feira en Castrelo de Miño apartires das 12 h do entorno da feira no corazón da vila de Castrelo de Miño, contacto>> 988493000 e preguntar por Marta / dinamiza@castrelo.org / LNB castrelo de miño: 650341114

Mais a movilidade da conferencia mae do Norleste se torna tan afabante que non suficiente con atrapar un espectacular bonito en Burela iste domigo os irmáns do Buril confirman por todo o alto a súa inmersión na LNB coordinando o Aberto do Ferro no marco da Feira das Asociacións en Riotorto , apartires das 17 h. no campo de futbol do Riotorto , contacto directo>> 616.995013

2 Comments:

  • At 11:22 AM, OpenID pateironomade said…

    Pateiro Nómade estará em Lugo, Castrelo e... pode que Riotorto.

     
  • At 1:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    que pasa Nómade, porque non, tamén en Porto (Cabanas)... ti podes!!!

     

Postar um comentário

<< Home