O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 05, 2010

MANU DO FAISCA CHEGA A TEMPO Ó INICIO DA SUPERLIGA EN SALVATERRA E ETA DECLARA UN AGARDADO ALTO O FOGO UNILATERAL!!


Sen dúbida nigunha ista find produxéronse case simultaneamente dúas das novas máis agardadas pola comunidade billardeira e internacional , despois do mítico video emitido por TELE-VARAL baseado na confusión de camiños do mítico palanador da Faisca Manu por fin logrou atopar a pista de Salvaterra donde a Conf. Sur arrincaba andaina , case á mema hora na redacción da BBC recibían un video dende Euskal Herria no que se anunciaba un moi agardo alto o lume para tentar unho solución dialogada e sen armas ó mal chamado conflico basco.

Mais a find troixo innumerábeis emcións compatidas, na pista de Salvaterra tomaba terra a palanadora Koreana coma reforzo da nova franquicia LNB , Bateas de Portonovo , un traxecto que levou á palanadaora asiática e a tribo bateeira rematar traxecto en Ribadeo formando parte da selección Resto do Mundo no desafío que puxeron riba da mesa un ano máis Os Billadeiros Musicais + Os Outros. Coa pantasma dos ladróns de trofeos sobrevoando o horizonte despois do atraco perpetrado en Salvaterra , en Ribadeo dous espectaculares copexos doados polo concello foron custodiados para evitar o posíbel roubo que deixara unha vez máis ós participantes sen trofeos. Cun exercito de palanadores do Norleste xunto con unha importantísima presenza de xogadores e xogadoras da conf. centro ( trouleiros e furabolos ) que lles servíu de test preparatorio para inciar en breves a competición regular no Castiñeiriño Compostelán + a participación de Sak o palanador dos Filloas de Sangue da NorOeste exerceu ademàis de Dj cunha espectacular sesión de sons galaicos preludio dos xostregazos que o vindeiro domingo nos ofrecerá na vindeira tempara do Radio Oceánica que tan maxistralmente pilota polos carreiros de toxo e lama da RGM , iso unido ó poder asiático da tribo bateeira de Portonovo formaron o temíbel equipo do RESTO DO MUNDO que pese a todo non puido batir ó muro de billardeiro construido pola temíbel tandem ribadense de BM+Os Outros que levaron a victoria que adicaron a Hugo o gran palandor do Norleste que guinda o palán ista tempada nun lapsus que todos agardamos temporal , sumerxete na espectacular crónica do acontecido no web oficial do Norleste.. .
Coa Bezouqueia quentando motores en Fene e construíndo estrelas coma a do Palandor Nelsón que fixo o sábado un hat trick ó imporse por terceira vez nun aberto bezouqueiro , Moaña confírmase coma o próximo destino da serpe multico do Sur e alí poderemos ver ó gran reforzo que o Faisca selou na madrugada do sábado no festival de Salvaterra , xa que Viana , o coñecido negociador Vigués chegou a un acordo con Aída, palanadora que vai entrar a competir de xeito regular na mellor liga de billarda do mundo coa camisola da estrela do Faisca para xunto con Yeyo tentar achegarse a ise tan desexado status de "normalidade" que a día de hoxe por sorte aínda teñen moi lonxe. Se o xa mítico video estalo dos Rodiño trocou para sempre o noso saudo e a nosa conciencia solidaria atención á entrevista en francés-galego e koreano a pé de pista de Xan coa palanadora Koreana d@s Bateas que vai deixar fondísima pegada no mundo occidental e oriental , nun intre no que hai un intenso ruxe ruxe sobre unha posíbel resposta en formato video ó estalo-aymara dos Rodiño chega tamén o bule dunha posíbel intervención billardeiro-teatral para levar a obra Aymara ós escearios estábeis e inestábeis do país enteiro, como podedes intuír unha marabillosa loucura colectiva invádenos niste arrepiante inicio da Superliga Galaica de Billarda, non te cortes e xunguete á serpe multicor porque aquí hai molido e toxo abondo para tod@s!!