O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 20, 2010

LANZAMENTOS DE LONGA DISTANCIA, 37´60 M. PLUSMARCA GALAICA DA DISCIPLINA ACADADA NO CASTIÑEIRIÑO!!


Luxazo absoluto o que temos enriba da mesa, por unha banda xa temos en marcha as fichas de inscripición para participar na nova e dinámica Conferencia Bezouqueira , entra no seu web-Blog e deixa as túas señas para porte a funcionar de contado se habitas ou transitas polas terras do Eume , e por outra banda dende a Conferencia Centro guindan o excitante crónico do inicio de andaina no Castiñeiriño estreando ademáis espazo de Comentarios no que tes que verquer a túa emoción ou raiba, no Norleste xa temos tamén o crónico co Bonito de Burela pedindo un prato a berros ó seu compañeiro Daniel , mais en exclusiva mundial desclasificamos o Dosier Castiñeiriño realizaso polo plusmarquista Galaico de lanzamento de longa distancia , o Bateas Xose Rodiño, desfrutade do estalo porque en breves imos destapar outro escalofriante documento , o video-estalo resposta dende o Sur ós Irmáns Rodiño>> Na primeira xornada de liga na conferencia centro confírmase que a terra e o elemento no que os trouleiros desenvólvense coma lombriga na mesma, A final entre Basilio e Hugo di as claras que o subcampión nacional e o campión de varados en Santiago e en Terra son case invatidos. O tercer e carto posto xogárono Toño e Ruben gañando iste último. Decir tamén que as medidas do campo eran 50X20, unhas medidas que non se suelen dar en moitas xornadas, o cal axudou a realizar o maior evento da historia recente da LNB o Lanzamento de billarda de longa distancia. Istas medidas foron tomadas por un xuez do libro jines dos recors pra que as marcas foran homologadas. Tamen se está a espera do parte de vento nas horas dos lanzamentos xa que non podra superar os 2m por hora a favor. Debido a falta de experiencia coma e normal nun primeiro evento, xa houbo unhas pequenas discusions que non chegaron as mans, en relacion as medicions do primeiro e segundo clasificado 5 centimetros arriba ou a baixo e terase que pasar a os milimetros. Xa que os varales e billardas con microchipe estan en fase de estudo o medidor laser pasará a ser un artiluxio habitual dos arbitros da LNB.

Xan Rodiño tamén vai a empezar unha estadistica de resultados de enfrentamentos entre palaneadores victorias e derrotas acumuladas, asi cando se volvan a enfrontar sabrar si e certo que as estadísticas están pra rompelas.

Lista de palaneadores e palaneadoras e as suas plusmarcas de billarda:
1º Xose Rodiño..........37m 60 cm
2º Xan Rodiño............37m 55cm
3º Cesar......................37m 20cm
4º Dubra.....................36m 70cm
5º Diego.....................31m
6º Ruben....................28m
7º Hugo......................25m 40cm
8º Basilio...................24m 50cm
9º Ivan(bateas)...........24m 30cm
10º Xose.......................23m 80cm
11º Raquel....................20m 25cm
12º Toño.......................19m 80cm
13º Coton......................19m 40cm
14º Yolanda...................19m
15º Ruben Martinez......17m
16º Luis.........................16m 50cm
17º Santi........................16m
18º Begoña....................15m
19º Ivan(furabolos).......14m 60cm
20º Raquel(trouleiros)...14m 55cm
21º Ramas......................10m 10cm
22º Carmela...................10m
23º Sheila.......................8m

4 Comments:

  • At 12:29 PM, Anonymous Anônimo said…

    Desapareceron os trofeos. Primeiro fracaso das medidas de seguridade

     
  • At 1:53 PM, Anonymous Anônimo said…

    Que pasa coas billardas do centro, so saben alcanzar distancias acabadas en 0 e en 5. Son como as bolas da lotería nacional. (están amañadas).


    MEDIDOR OFICIAL XA!!!!


    Por que non preguntar na GARDA CIVIL DE TRÁFICO (eles desfanse de aparatos medidores cada ano).

     
  • At 5:03 PM, Anonymous Anônimo said…

    3 bateas entre os 5 primeiros lanzamentos

     
  • At 8:33 PM, Anonymous Anônimo said…

    Os Trofeos levan o microchipe estiveron en todo momento monitorizados.
    Por certo autodestruiranse o Martes 21 de Septembro non lembro o ano.

     

Postar um comentário

<< Home