O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 26, 2010

HERMINIO, A GRAN ESTRELA DA LNB EN CASTRELO DE MIÑO , AGARDA TAN SÓ 90 ANOS PARA REALIZAR O SEU PRIMEIRO VARADO!!


Bateas chegaron a Lugo para arrasar, metendo os seus 3 representantes na final. O vencedor foi Xosé Rodiño. Sanxenxo é Galiza e o resto terra conquistada. Istas son extremecedoras verbas que verberon o comando Bateas despois de arrasar no Aberto do II Aniversario do Madia-Leva de Lugo , unhas hora antes que racharan filas e os Rodiños tiraran cara á área bezouqueira na mañán e no serán cara Riotorto e José Luis tirara de Lugo cara o Sul para prantar a poderosas semente en Castrelo de Miño ( Ourense ) donde as novas son máis ca alentadoras para o definitivo implantameno das billardas e da filosofía de ataque da LNB .

Un feito apaoiado tanto dende as máis altas esferas políticas do concello coma dende a xuventude máis alegre e combativo da vila encabezada polo palanador convertido xa en estrela e referente absoluto da LNB en Castrelo que tivo que agardar tan só 90 anos para realizar o seu primeiro , espectacular e memorábel Varado co que xa están flipando os seus propios bisnetos...Hermino somos todos como deixa claro o gran crónico que nos envía o PaTEIRO Nômade dende a súa infranqueábel batea móbil >> CRONICO I ABERTO DE CASTRELO DE MIÑO: Chegamos 3 membros de Bateas a Castrelo un pouco antes da hora. Na pista atopamos un par de varais que fixo o concello. Nada mais por alí. Chegamos a pensar que só xogariamos nós. Co tempo foi aparecendo xente que ollaba para nós mentres nos preparabamos. Comezamos a falar con eles e contaronnos como xogaban eles na sua época. Pouco a pouco fomos convencendoos para xogar, e así até ter un número bo de parcitipantes para comezar. Hai que destacar que case todos superaban os 60 anos, e algúns os 80 ou 90. Eran palanadores expertos e así o demostraron con grandes golpes e moitos varados. Herminio, duns 90 anos, fixo o primeiro varado do seu grupo na sua primeira intervención. Un home que xogou na sua infancia á billarda e que tivo que esperar 80 anos para facer o seu primeiro varado. E non foi o único. Despois da fase de grupos e dos cuartos de finais chegaron as semifinais onde por un lado Cristian Bateas venceu a Cigoño e Iago a Antonio. E na final gañou Iago. Este último de procedencia americana, mais de orixe galega, converteuse en gañador no seu primeiro aberto. Destacar que tiña experiencia nun dos deportes fillos da billarda, o béisbol. Despois desa experiencia quere seguir a xogar, así que se hai algunha equipa na zona de Vigo e Ferrol interesada en fichalo, que o fagan.
Hai que agradecer a gran colaboración por parte do concello que puxo todos os seus medios á nosa disposición. E que se converte no primeiro en ter material de xogo propio, xa que ademais de construir uns estupendos varais, fixeron 6 paláns. O alcalde manifestou o seu desexo de formar unha equipa local, e falou da posibilidade de facer mais abertos nun futuro.

5 Comments:

  • At 8:35 PM, Anonymous Anônimo said…

    Os Bateas conquistan Lugo, os Rodíño saen vapuleados de Riotorto, unha de dúas, ou estaban afatigados da viaxe (ainda non recuperaron o vértigo das alturas bolivianas?) ou o que realmente xoga e José Luis que non puido acompañalos.

     
  • At 9:17 PM, Anonymous Anônimo said…

    ou tamen foi que lles deu medo enfrentarse co novo combativo

     
  • At 10:33 AM, Anonymous Anônimo said…

    pode que a combatibidade de marcos os deixase k.o.
    a ausencia de jose luis e unha baixa de peso nos bateas

     
  • At 1:52 PM, Anonymous Anônimo said…

    Non dubidedes que os Bateas son humanos e como tales entende que a supremacía en calquera actividade da vida propicia os sentimentos adversos de outros seres humanos... polo tanto, debe repartirse a alegría do triunfo.

    ONG Bateas

     
  • At 2:05 PM, Anonymous Anônimo said…

    Tes mas razón cun santo!

     

Postar um comentário

<< Home