O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 13, 2010

GULI DANDA , O PODER IMPARÁBEL DO FUNDAMENTALISMO BILLARDEIRO!!

Coa ollada aínda perdida no horzonte asiático e coa boca aberta despois de sentir as verbas no Aberto da Ra de Cospeito da espectacular corresponsal asiática de Tele-Varal Jang Jiyun , os sustos no cesan , a inxente laboura de etnografía e intensidade billardeira que se está a cocer no espazo oficial da LNB no Feisbuc levounos nun primeiro intre ate as rúas dunha vila da India para ver unhas crianças practicando o desporto da billarda mais o comboio da LNB aínda tiña combustíbel para chegar ate o distrito Pakistaní de Bahawalpur e botar unhas carreiras nista terra tan lexana fisicamente mais tan preta no sentir pola súa tamén fonda raigame billardeira dos mulladíns. Despregamos iste xostragazo a xeito de documento histórico no que se amosa o nivelazo dos palanadores Pakistanís cos que xa estamos iniciando os trámites para establecer contacto para accións conxuntas, unha man no palán e outro no corán , isa pode ser unha das consignas dos irmáns islámico-billardeiros pakistanís que coa súa actitude e golpexo amosan a firmeza dun pobo ó igual ca o galaico a ser apaciguado pola forza das armas das forzas de ocupación internacional , para que están as tropas internacionais en chan Pakistaní? para aplacar o terrismo? non.... están para impedir que a febre billardeira do Guli Danda se espalle por Afganistán porque se iso acontece saben que están perdidos....fundamentalismo billardeiro adiante no mundo enteiro!!

DAS RÚAS DA INDIA, Á SELVA BOLIVIANA ... XAN RODIÑO ISTE MARTES NOS MICROS DA RADIO GALEGA!!

Aquí tendes ós cativos indios zoupándolle duro e contradecindo coa súa acción ó mesmo ó Ghandi xa que coma a LNB sabén que o ataque é a mellor defensa , un ataque que, Atención iste martes 14 terá a súa máxima expresión na intervención que o gran profeta da LNB Xan Rodiño realizará nos micros da Radio Galega no programa "Convivir en igualdade" que se emite entre as 19-20 h , alí Xan comentará os entresixos da súa convivencia coa tribu Aymara na selva boliviana e como a práctica da billarda lle supuxo un lazo de unión e comunicación tan forte que calquera que fale con el nota perfectamente que sigue a ises máis de 3.000 metros de altura nos que tivo habitando durante un mes da súa intensa vida. Para facer boca dixámosvos coa verbas que aluméan o impactante estado billardeiro nas rúas da India>> This is a traditional game played in most villages of India. Requires a small wooden stave and a smaller stick. The objective is to send it as far as possible away from the point of start. Great fun and keeps you occupied