EXCLUSIVA MUNDIAL: XAN RODIÑO NO FACE A FACE INDIXENISTA DE TELE-VARAL!!
A cada paso , a cada respiración a cada intre unha cuestión no ar...chegou Xan Rodiño de Bolivia? Hoxe e en exclusiva mundial temos a resposta, se flipaches cos Mundos de Wayne o que nos propoñen os Rodiño nista impactante entrevista-estalo é un diamante en bruto que despois de darlle ó play é moi posibel que os directivos da CNN se despracen ate Portonovo para fichar ós brothers e mercar o formato do programa , sen oxíxeno te podes quedar despois distes aterradores 9 minutos, abvertimos tácticas vudú , saudos indíxenas , desengaño vegano e un sen fin de impactantes e históricos intres que converten o documento en algo mais terríbel ca as fotos do che fusilado na escola boliviana da La Higuera
SORATA-NEWS , A LNB CO INXENISMO MEDIÁTICO DIXITAL BOLIVIANO!!
O 9 de agosto de 2010 celebrouse o primeiro torneo aberto de billarda en Bolivia, a máis de tres mil metros de altitude sobre o nivel do mar. O municipio chámase Sorata, e a comunidade San Isidro. Situados no departamento de La Paz.
Nas fotos no espectacular crónico guindados polos irmáns indíxenas de SORATA , medio dixital boliviano de recente criación que en alianza co indixenismo mediático galaico do Varal amiazan con espallar a febre billardeira dende as alturas de Sorata por toda América do Sul , en Sorata relatan o acontecemento mundial da irrupción billardeira no que se apreza a precariedade de medios, pero tamén se percibe por riba de todo a versatilidade desde deporte indíxena boliviano-galaico , que se adapta a calquera terreo e ferramenta de xogo.
Xan Rodiño coma represntante da LNB en Bolivia actuou coma un palanador ou palanadora da LNB actúa, respeitando á cultura e á natureza do povo aymara co se fundíu durante un mes de irmandade e plenitude , vencedor no I Aberto indixéna aymara-galaico de Sorata en Bolivia Xan Rodiño acupou o máis alto peldaño de podium natural para no seu agardadísimo libro " O diario de Xan Rodiño en Bolivia " transmitirnos isa poderosa visión e o milleiro de accións de loita , vivencias en solidaridade e reflexións internas e externas que durante o seu periplo Bolivián o activista billardeiro de Portonovo puido ter experimentado. Xan Rodiño , indixenismo en cada varado!!
1 Comments:
At 4:07 AM, raybanoutlet001 said…
ugg boots
ugg outlet
fitflops shoes
coach outlet
christian louboutin shoes
ferragamo outlet
christian louboutin shoes
fitflops
giants jersey
michael kors uk
2017.8.23
Postar um comentário
<< Home