O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 10, 2010

CHEGA O ABERTO DA RÁ DE COSPEITO E A EXPOSICIÓN DA VENDIMIA NA TABERNA DA CANCELA!!


Posibelmente un dos cartaces maìs impactantes e espectaculares de todo o circuito e que deseguro estará entre os elexidos para isa explosiva irrupción artístico-billardeira que se está plantexando no Museo do Povo Galego , é o co que nos agasallan dende Cospeito para a nunciar a primeira gran acción billardeiroa nista vila da terra cha luguesa, polo tanto abstéñanse moscas e moscóns se non queren quedar atrapados pola lingua implacábel da mítica rá de Cospeito , iste sábado tod@s á Lagoa de Cospeito e a partires das 17 h . tod@s na praza das festa da feira do monte. Contacto directo e inscripción>>aacarballeira@gmail.com / 659.749388
TABERNA DA CANCELA >> EXPOSiCION DE PINTURA SOBRE A VENDIMA!!


E coa maxistral obra do cartaz de costeito a nosa axenda alter-nativa da find tiña que vir en clave artística polo que non podemos máis que comentarvos e invitarvos a pasar e botar uns grolos do mellor albariño cos irmáns da mítica Taberna da Cancela de Xil en Meaño , con Abel e Paula á fronte ademáis dos mellores caldos , a mellor música as paredes da Taberna da Cancela albergan dirante tode setembro unha espectacular exposición sobre a vendima , imperdíbel xa que será a única exposición na que poderes gostar e olfatear o que os teus ollos ven...tod@s á Taberna da Cancela!!

2 Comments:

  • At 8:22 PM, Anonymous Anônimo said…

    espero que a ra estea viva e acuda simplemente como espectadora do aberto. POr favor, desvotar das vosas cabezas que a ra acabe coas súas ancas nun prato, rodeadas de patacas e cenoiras.
    Están avisados activistas de pazverde (greenpeace)por se teñen que intervir para evitar o magnicidio.

     
  • At 11:51 PM, Blogger Lugosalvaxe said…

    Pola miña parte, a ra pola que se loita é un ser inerte!
    Nin touros nas prazas nin ras nos pratos!

     

Postar um comentário

<< Home