BURELA , BONITO E PRETO É!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2OApC2D3UvRTUCfmLOOe9-OmFwAkpfkcg4TzT8AK2OvcVOwQfKdMQSbEAiyhvWaDw9gjLtVFd0cL9xggFaYTlGLot16X8DHMw42q6lcdQn26C8PFxWCArs4KrkDoZ3KfJtZoI/s400/nachok.jpg)
Se aínda non desfrutache da espectacular visión do estadio Nacional de Billarda de Castrelo de Miño repleto dun fervente público seguindo as evolucións de Herminio de demáis estrelas locais e internacionais pásate xa polo espazo Bilharda do feisbook e desfruta da paixón , a mesma que podes experimentar ó visualizar iste arrepeiante adianto do traballo que Nachock está a realizar na LNB para o República Billarda e para a exposición itinerante que se está a cociñar en centros sociais e casas okupadas.
E por se non fora pouco sabor en Tele-Varal xa tes á túa disposición unha fenomenal roda do mellor bonito de Burela recén capturado polo arpón de Daniel na 1ª xornada da tempada 2010.11 da LNB, conferencia NorLeste.
7 Comments:
At 3:21 PM,
Anônimo said…
Daniel con tanto premio en xénero pode montar un comedor social
At 4:02 PM,
Pantogho said…
si Daniel , e máis nistas datas ...pon día e hora e pasamos co prato!!
At 4:03 PM,
Anônimo said…
Se acaso vamos oxe que e o seu cumple..je je je
At 4:08 PM,
Anônimo said…
pois non taria mal unha convidada pa todos, animate daniel
At 4:15 PM,
Daniel said…
Tranqui, troncos, xa sabedes que aquí está a casa. Eu podo estar ou non, pero a casa está aquí. Saudos
At 5:59 PM,
Anônimo said…
Quén é máis Txakurra, o can de flores, ou o Pinto da Faisca?
At 7:24 PM,
Pedro León said…
molaría velos ós dous loitando polos ósos do xabarín da Pastoriza!!
Postar um comentário
<< Home